_
_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Alén do exilio e da distancia

Á que un deixa de escribir, descobre que ten tempo a ler e se acontece ademais que é verán pois cabe que o azar goberne as lecturas. Lecturas de verán, comeza un cun libro que tiña previsto, Xuvia-Neda, do Vicente Araguas, un libro que me abriu un sorriso. Un non pode deixar de sorrir en escoitando a voz dun narrador que disfruta en contarnos algo, un non pode deixar de sorrir lendo a voz dun pícaro omnisciente que nos regala o seu coñecemento, o que aprendeu pola vida. O narrador do libro sabe o que sabe porque xa está de volta e, con todo, non é avellado nin perverso pois conserva a inocencia do rapaz. Vicente Araguas ten aquí unha voz libre que non se suxeita a regra literaria ningunha e relátanos unha chea de cousas de xentes sen importancia, as cousas que lle importan, o seu mundo. Araguas escribe desde unha distancia. Iso permítelle ver tan atrás, tan lonxe, tan dentro da auga da memoria. Tamén prexudica á recepción do libro o vivir lonxe ou fóra, non abonda con escribir e publicar, vese que a literatura non chega de vez ao público se o escritor non está presente no mundiño onde se tece a recepción dos libros.

Más información
Palo y zanahoria de Marruecos para atajar la mayor protesta saharaui en 35 años

E como os quioscos ou librerías de verán adoitan ser un capricho, un apaña libros que lle saen ao paso e pasa da lectura prevista á imprevista, El nombre de los nuestros, de Lorenzo Silva, unha novela mellor que a media na que o autor fixo un verdadeiro esforzo por novelar o que viviron os soldados españois na guerra colonial do Rif. Eu diría que, a poder de esforzo, conseguiuno. E abriume o apetito por aquela novela que sempre fun deixando estar, unha de moitas, aínda que sabía que tería que ler algún día, Imán, do grandísimo Ramón J. Sender. Sender escribe desde máis lonxe que Araguas, desde o exilio republicano, e o exilio nunca pasou a formar parte verdadeiramente da memoria española. Na escrita tensa, afanosamente moderna e verdadeira desa novela está o segredo evidente, o arcano transparente, do nacionalismo españolista. Imán visibiliza o amargor do fracaso do imperialismo español, desde Cuba e Filipinas até as campañas no Rif, unha frustración e un fracaso que os militares nacionalistas acabaron por facer pagar aos propios españois con toda a violencia acumulada. A mesma ferida infectada que se prolongou até os nosos días, onde é que vai a Guinea? Unha provincia española. Fernando Poo, Chafarinas..., o Sáhara. Todas esas derrotas políticas e militares que ninguén lembra e que con todo alimentan ese medo actual e actuante a perder territorio: Cataluña, País Vasco...

Un libreiro, Xaime de Sanxenxo, agasalloume en cambio cun libro máxico, Suite francesa, de Irène Nemirovsky. É un libro asombroso. Nemirovsky está alén da distancia, alén do exilio, unha xudea exiliada de Rusia e deportada da Francia, desaparecida en Auschwitz. vai escribiu o que estaba a vivir, como estaba sendo empurrada cara a súa destrucción en Auschwitz na Francia ocupada. E faino cunha ironía, un humor e unha lucidez desconcertante. Compréndeo todo, comprende a covardía, comprende a mezquindade, a canallada, as ganas de vivir, de sobrevivir... Ela si é unha narradora verdadeiramente omnisciente, escribe xa desde o outro lado, despois da súa morte. Acabamos por ter envexa literaria desa escritora asasinada.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_