Lunes, 23/11/2009, 21:54 h

ELPAIS.COMGalicia

SUSO DE TORO LUCES

Almiñas, gas radón e canarios

SUSO DE TORO 02/03/2007

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 votos
Imprimir   Enviar

ANDAN A VER SE aumentan o ensino na lingua do país. A ver. Mais non se para na escola esta maré, é unha batalla que se dá moi profundo na cerna de cada familia, de cada persoa. Unha batalla do raciocinio e a convicción contra vellos medos e duros fantasmas, que poden ben máis que as razóns ou as conviccións. E así desaparecen xerazóns enteiras de falantes, exterminadas por algún Herodes lingüístico.

La noticia en otros webs

ONDE PARAN TODOS ESES MENIÑOS E MENIÑAS que non nacen? Todos eses galego falantes que habían ser e non son, desaparecidos polo calado no paso dunha xerazón a outra? Hai un limbo para esas almiñas dos non nacidos? Un limbo de almas lingüísticas?

MÁIS TRISTE é esa meniña asasinada de doce coiteladas polo seu pai. E non teremos parada os homes a matar mulleres? Que cousa nos está a acontecer? De que este odio que lles temos? Hai algunha ferida que non sabemos.Se cadra é que non as queremos ver soltas, libres. A ver se se volven recoller para a cociña e a misa, o rosario.

"OLLO, HOMES SOLTOS", haberá que pór letreiros que as avisen. Somos perigosos, algo en nós que dá noxo e non sabemos o qué. Tantas mulleres asasinadas. Non é preciso ir á Ciudad Juárez, nin ver os filmes na televisión na que sempre forzan e asasinan unha muller, unha rapariga. Os asasinos andan perto de nós. Andan dentro nosa. Á procura de mulleres soltas.

SEMPRE SE ODIA A QUEN ANDA SOLTO, a quen ande ceibo. Quérennos atados. Nós propios querémonos atados, aforramos dilemas e traballos. Temos alma de palleiro e nós propios buscamos a cadea que nos ate. Aquí perecemos de falta de alma.

POR ISO PRECISAMOS UN CANARIO. Non para que nos cante. Cando os mineiros baixaban á mina levaban canario, se morría avisaba así de que había gas grisú e faltaba osíxeno. Na Galiza abunda o gas radón e falta o osíxeno, precisamos canario que avise.

UN CANARIO AVISADOR É, POR UN EXEMPLO, TER UN AMIGO INCÓMODO ao poder, aos poderes. Alguén que ande ceibo como eses cans a molestar polos camiños aos cans atados aos palleiros. Un can sen dono que pon a ladrar a toda a aldea.

UN AMIGO ASÍ, AÍNDA QUE O INCOMODE TAMÉN A UN, É MOI VALIOSO: sálvanos de perecer. Axúdanos a salvar a alma. Se un é quen a conservar un amigo que é sospeitoso aos poderes pois pode fiar en que aínda está vivo. Eu teño un amigo así, é un bo arquitecto e ademais un intelectual molesto, chámase Pedro de Llano. Sempre discutimos e non hai maneira con el, madialeva, é imprudente, destemido e non dá tregua en levarme a contraria.

Agora que cada un busque o seu amigo incómodo. Ou que se deixe atar ao palleiro.

Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Otras ediciones

Última hora

 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)

Canal de la Sociedad de la Información