Miércoles, 25/11/2009

ELPAÍS.COM Galicia

 

SUSO DE TORO Luces

Para Anxo Rei Ballesteros

SUSO DE TORO 17/10/2008

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 votos
Imprimir   Enviar

ANXO, non es un aristócrata pois es pobre e nunca quixeches o poder, mais es fidalgo. Hai fidalguía consciente en ti, desculpa que cho diga, unha elegancia total.

La noticia en otros webs

E NON QUIXECHES TRIUNFAR, ti coidas que si, que quixeches. Non che é certo, Anxo, quen quixo triunfar conseguiuno. Ti non o querías de vez.

Sempre fuches verdadeiro de máis, esplendidamente real. Non es quen de caer na vida simulada, viviches sen saír de ti. Nunca te puideches transformar nunha fantasma, nun dobre de ti propio.

HAI VIRUS, CONTAXIOS compartidos: a problematización literaria que nos fixo don Benito Varela Jácome (Está fantasmal. E nós a cada vez un pouco máis, rimos e cantamos mentres percibimos que o fantasmal nos vai ocupando).

XA ERAMOS revirados e conflitivos para que don Benito nos introducise o veleno da autoconciencia literaria, seducindo aos rapaces literarios e raros que procuraban a exquisitez. Somos uns repunantes, Anxo; ti tamén. Eramos xa elitistas abondo para que el nos puxese diante a tentación da literatura como guerra, como aventura total.

E TI, QUE ES NOIVO DA MORTE, entregácheste á batalla como un soldado suxo e bébedo disposto a morrer. E non, non te vexo a ti moito a matar, só a morrer.

APAÑO O TEU "TEMPO E VINGANZA" do andel no que teño separados os libros máis achegados por un motivo ou outro. Tiña o teu entre O sagrado e o profano do Eliade e mais El hombre y lo divino da Zambrano. Va que gostas de que cho teña alí?

NON PENSES QUE O TEÑO ENTRE OS ESCOLLIDOS polo meu cariño ao Hamlet, ao que lle dedicas o libro: é por ti. Téñocho alí polo merecemento que lle dou ao teu traballo, á túa reflexión apaixonada. Quixera dicir "a verdadeira", pois síntoa tan preto de min, mais comprendo que pode haber reflexión serena e mais ser verdadeira tamén. Ti alí reflexionas sobre o tempo con bravura e ferocidade. Xa que estamos aquí e nos cadra, dígocho: así se fai. Vai túa, compañeiro!

E NON SEI COMO FAS que, denso e reflexivo como escribes, sempre alenta para min alí a paixón, o desafío. Non o desafío a ninguén, o desafío á vida. Bótaslle a boca á vida, meu home.

EU BEN QUERÍA, ANXO, SER COMA TI, e non me atrevín. O vivir no que a ética e a estética son a mesma cousa, vivir a piques de morrer. Non todos somos "noivos da morte", meu. Mais podemos recoñecer e saudar aos que o son. Un brinde por ti e unha aperta que quere traspasarte.

Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Si te ha interesado esta información, te recomendamos:

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
01:55 Los Obama celebran su primera cena de Estado
01:44 El 'Washington Post' cierra sus oficinas en Chicago, Los Ángeles y Nueva York
01:11 ERLICH
01:09 Lula sigue reinando en la izquierda
01:07 "Europa pudo desarrollarse porque EE UU paga la OTAN"
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)