_
_
_
_
_
Luces

As fractalidades de Méndez Ferrín

Non foi 1976 o único ano en que Xosé Luís Méndez Ferrín provocou un tremor nos baixíos da literatura galega. Con pólvora e magnolias titulou aquel mangado de poemas que clausuraron unha época e abriron setenta liñas de fuga. Dous anos antes, na nouvelle de combate Retorno a Tagen Ata, diagramou un estado da cuestión no campo nacionalista que aínda se deixa sentir: o piñeirismo contra a esquerda marxista. Mesmo a súa incursión no debate sobre o canon poético, De Pondal a Novoneyra (1984), continúa sen coñecer unha emenda á totalidade.

Pero Ferrín, o Ferro, é máis que o autor de Bretaña, Esmeraldina, á que o escritor Anxo Angueira vén de dedicar 500 páxinas de análise, ou o maxistral facturador de relato curto: O crepúsculo e as formigas (1961), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Arraianos (1991). Fundador da Unión do Povo Galego hai 45 anos -canda el, Celso Emilio Ferreiro ou Luís Soto-, o novo presidente da Academia pasou pola cadea de El Dueso entre 1972 e 1974. A acusación baseábase nunha novela, inédita, dedicada á guerrilla antifranquista. Méndez Ferrín aproveitou a estancia para pescudar nas xirias carcerarias mentres Tenesse Williams ou Arthur Miller asinaban cartas esixindo a súa liberación. Cando a Transición aínda non topara coa cesura abrupta do 23-F, foi detido por segunda e última vez. Da UPG saltou en 1977, pero sempre cara á esquerda da esquerda.

O escritor que soubo despezar dicotomías doutro tempo (ética e estética), que con 67 anos botou un furibundo canto anticapitalista (Contra Maquieiro) traducido ao castelán en Cuba e que continúa no cabezallo da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, non ten reparo en proclamar a súa admiración por Camilo José Cela nin e en amosar a súa erudición sobre materia valleinclanesca. E a paixón polas palabras coas que os homes habitan o mundo hai tempo que agroma en contos e ensaios. Agora encargaráse de custodialas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_