SUSO DE TORO 30/05/2008
BOSTA, BACTERIAS. Ninguén pisa bosta por gusto. Agora que non está mal andar polos lugares onde hai o perigo de pisala, pois por alí pasou algo vivo. A vida está nas bacterias.
OS ASTRONAUTAS, aló neses planetas, procuran iso precisamente, algo de vida, algunha bacteria. Un anaco de bosta éralles alí un tesouro.
O 'STABAT MATER' é o refinamento do alarido. Do ouveo da nai ante o corpo do fillo morto. É a estetización do que vemos a cada día nas noticias no televisor (é Palestina toda).
UN 'CASTRATI' entoa un Salve Regina (nunca imaxinara tal o noso san Pedro de Mezonzo, o abade de Samos). Que sentimentos retorcidos expresa a fermosa voz do castrado? Que crueldade vaticana, que negación da muller e que refinado pesadelo pederástico hai aí? (Para facer tortilla hai que escachar os ovos, para ter a voz fina hai que cortalos).
E quen sabe, se cadra os coitados, logo estaban contentos. Libres do veleno que inflama o sexo (ou iso vai na cabeza?)
OS MÚSICOS SON ALEGRES, hainos que ver. Os intérpretes de música teñen algo de meniños, chafallan cos seus xoguetes de pao ou de metal a ver como sae a música que interpretan.
OS ESCRITORES, NON. Quen escribe primeiro risca nos papeis mais logo vai detrás coa goma de borrar e corrixe, cambia o que lle convén: fai trampas. Así non se xoga.
ESE QUE SEMELLA SAMUEL BECKETT, sígolle a pista hai anos. Antes era máis enxoito e bebía viño clarete, agora está máis groso e bebe ribeiro branco (con denominación de orixe). Non sei se saberá que o outro, o seu dobre, morreu hai anos. Mellor non dicirllo, pode afectarlle. Pode interpretalo como un agoiro, ou pensar que a súa vida xa carece de sentido. O viño, se é moito, mata; o tempo tamén.
O TEMPO É XENOCIDA, o paso do tempo acaba con todos. Di un historiador que en dez anos non ficará ningún supervivinte do xenocidio nazi. O que non deu feito Hitler vai acabar facéndoo o paso do tempo.
CANNABIS NO SERGAS: Seique van receitar cannabis na sanidade pública para os enfermos terminais e persoas que padecen fortes dores. Deixaranlle as substancias que alivian a dor e que dan apetito e tiraranlle as que fan rir (home non, quen había ver senón as unidades de dor dos hospitais con xente veña a rir e a facer brincadeira).
¿Qué es esto?Compartir:
Puedes utilizar el teclado:
Texto
- 30-05-2008| Hora | Noticia |
|---|---|
| 09:27 | Manuel Prado muere a los 78 años en su domicilio de Sevilla |
| 08:22 | Triplazo triunfal de Kobe Bryant |
| 04:16 | Cae el jefe de Los Zetas en un tiroteo con el Ejército mexicano |
| 03:06 | Condena de prisión para los acusados del crimen de Perugia |
| 02:38 | ERLICH |