_
_
_
_
_
Luces

"Cando se nos ten que ver é agora"

"Hai que reforzar a tensión no tecido da memoria histórica. Cando se nos ten que ver é agora", di Dionisio Pereira. O historiador coruñés, convencido de que hai "un antes e un despois" do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares - "a base de datos coas entrevistas está aberta a toda a sociedade, alimentará tamén traballos de creación"-, recorda tamén o que non foi posible daquela.

"O Consello da Memoria [que debía ser o enganche de todas as asociacións] non cumpriu as expectativas pola falta de compromiso da Administración e de moitos dos que estaban alí". O Centro da Memoria -a imaxe reducida de Cataluña- tamén se foi adiando, pero coa actual Xunta as dúas cousas son unha entelequia. No novo contexto, o monumento aos represaliados na Coruña, promovido pola Comisión de Recuperación da Memoria Histórica, accedeu ás axudas estatais - "nós imos certificar os nomes"-. Tamén a Deputación de Lugo consigna fondos para o estudo da represión.

Para Lourenzo Fernández Prieto, director do proxecto -agora nas eleccións a reitor da Universidade de Santiago-, e supervisor da maioría das novas aproximacións ao franquismo dentro do grupo de investigación Historia agraria e política no mundo rural, que dirixe para a Universidade compostelá Ramón Villares, o recurte dos fondos non escurece o conseguido. "En Euskadi van utilizar o noso método de traballo".

Pereira, que traballa con Eliseo Fernández e Víctor Oia sobre unha historia do anarquismo galego ata hoxe, é optimista doutra maneira. Como cidadán, comparte a necesidade de "vencer politicamente" a actual regresión. E se un Pérez-Reverte pode dicir que "en ambos lados hubo hijos de puta", sen máis, el atribúeo "á resaca". "O noso traballo percute no franquismo sociolóxico e chega á contorna da socialdemocracia".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_