_
_
_
_
_
Luces

Coma quen dis, un ninguén

Escritores de varias xeracións explican como leron 'Memorias dun neno labrego'

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña". Eis un dos inicios máis lembrados da literatura galega por xeracións e xeracións de lectores. Con Memorias dun neno labrego, a novela escrita e publicada por Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), nace a literatura infantil en galego e o primeiro achegamento á lingua escrita de miles e miles de persoas. Non por acaso son á beira de 600.000 os exemplares vendidos do libro.

A editorial Galaxia botará, para conmemorar o 5 de xaneiro o medio século das aventuras de Balbino, unha nova versión da obra. Recupera a capa orixinal, do pintor Luís Seoane, inclúe un proemio de Víctor Fernández Freixanes e un estudo de Xesús Alonso Montero. Haberá unha outra encadernación con debuxos de Xaquín Marín e 80 ou 90 escritores, en galego, catalán, vasco, sueco ou maia, participan nun volume de homenaxe ás Memorias do neno labrego.

Más información
"Fixo desparecer o labrego en abstracto"
"Balbino é o noso Huckleberry Finn"
"Descubrín que se podía escribir do que nós faciamos"
"A vida era diferente na aldea"
"O referente é real e tópico á vez"
"É un punto e final"
"Conectou sentimentalmente co país"
"Era un libro que falaba de min"
"Inflúe mesmo sen que te decates"
"Parecía que falaba do meu padriño"

Aquel libro que Neira Vilas escribiu contra a literatura chocalleira de aldea serviu a moitos escritores como cotacto inicial coas letras en galego. O realismo crítico da obra mesmo funciounou como aguillón político. Varios deles explican o seu descubrimento de Balbino.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_