_
_
_
_
_

Comeza a XXVI Mostra de Teatro de Cangas

Teatro de Ningures inaugura esta noite a programación da XXVI Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que ten prevista a súa clausura o día 11 de xullo. Con Avelino González como pregoeiro, participarán nesta edición compañías como Factoría Teatro, Títeres Cachirulo, La Escapista (de Madrid), Res de Res (das Illas Baleares) ademais de dúas prestixiosas agrupacións andaluzas, Zaranda e Atalaya, entre outros. Porén, e segundo explicou a directora do certame, Che Mariño, "as circunstancias económicas lévanos a reducir a presenza de compañías internacionais e centrar máis a nosa atención na animación da rúa".

Un dos proxectos máis desexados desta mostra levarase a cabo o próximo domingo: a recreación do desembarco turco en Cangas acontecido en 1617 e o posterior procesamento e morte por bruxería de María Soliña, unha das moitas veciñas que quedaron viúvas trala batalla. O concerto da banda Os Didos e as actuacións do Mago Berto completan a axenda.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_