_
_
_
_
_
Luces

"Compañeiros todos da patria de Rosalía de Castro!"

En novembro de 1936, cando as tropas republicanas e as Brigadas Internacionais pararon a ofensiva fascista sobre Madrid, a cenetista Federica Montseny accedeu á carteira de Sanidade do Executivo español. Era non só a primeira militante anarquista que entraba nun goberno, senón unha das primeiras mulleres europeas en ocupar tal cargo. Apenas a precedera a bolxevique rusa Alexandra Kollontai. Once meses antes, Montseny (Madrid, 1905 - Toulouse, Francia, 1994) viaxara por Galicia en labores de axitación e propaganda libertaria. O diario daquel percorrido publicouse por entregas en La Revista Blanca e agora, traducido ao galego e con limiar do historiador Eliseo Fernández, é rescatado pola editorial Trifolium.

Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935 relata a xira organizada pola Confederación Regional Galica da CNT. Nos anos da II República, o sindicalismo vermello e negro agrupaba no noroeste ás masas proletarizadas da costa e rexía, antes de máis, entre os traballadores do mar. Betanzos, Ferrol, Cariño, Santiago, A Coruña, Lugo e Ourense foron as paraxes de Montseny, quen, nese tempo, formaba entre as cabezas do sector máis radicalizado do anarcosindicalismo. Xusto os que menos peso posuían en Galicia.

"Máis cá sorpresa alegra, o engado para os ollos ou a frescura singular para a alma é ir descubrindo paseniño Galicia segundo vai nacendo o día", escribía unha Montseny que tendía á escrita literaria. Non por nada publicara as novelas Horas trágicas e La Victoria. Pero a anarquista non unicamente narra en chave paisaxística -"a mañá pasámola percorrendo Ferrol, cidade limpa e moderna de amplas e elegantes proporcións, na que se repite esa nota tan galega e tan bela das galerías enchendo as fachadas". Tamén deita consideracións sobre o estado da cuestión política en Galicia. "En Lugo fíxose a unidade obreira revolucionaria e os traballadores secundaron a folga xeral que culminou na traxedia asturiana", anota, "e hoxe, nesta cidade, as loitas de tendencia están máis enconadas que nunca".

Federica Montseny díxolle adeus a Galicia na Coruña. É nesa cidade, en que o movemento libertario hexemonixaba as forzas do traballo, onde finaliza o relato das súas Impresións dunha viaxe por Galicia: "Nobre terra galega! Compañeiros todos, que fixestes tan grata a miña estadía na patria de Rosalía de Castro! Non vos digo: Saúde!, senón Até logo!".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_