_
_
_
_
_
Luces

Completada a tradución de '1Q84', de Murakami

Non foi o primeiro nin será o último ano en que o nome de Haruki Murakami soe para o premio Nobel de Literatura. Un dos escritores xaponeses máis exportados, cualificado por certa crítica de occidentalizado, tamén existe en galego. A editorial Galaxia vén de publicar a terceira e derradeira parte de 1Q84, o peche a un ciclo narrativo de 1.500 páxinas en que o autor agrupa as obsesións do seu traballo como en poucas das súas obras anteriores. "Murakami reflicte os problemas humanos nos países avanzados", sintetiza Mona Imai (Toquio, 1976), con Gabriel Álvarez Martínez tradutora de 1Q84. A familia, a sexualidade, a soidade nas metrópoles contemporáneas, a desorientación existencial ou o medo son algúns dos eixos sobre os que xira a escrita de Murakami.

Antes, e da man da mesma editora, Imai pasara ao galego Tras do solpor (2008) e Do que estou a falar cando falo de correr (2009). "Eu estaba afeita á literatura clásica; cando empecei con Tras do solpor xusto acaba de traducir a Kawabata [A casa das belas adormentadas, en Rinoceronte] e cambia moito". Os longos anos que o escritor residiu en occidente e a súa, en palabras de Imai, "apertura" ás artes occidentais, "incluídas as clásicas", afastan a Murakami de folclorismos orientalizantes. "A proxección das súas ideas é universal", expón a tradutora, "porque trata os problemas de sempre da humanidade e intenta comprendelos". Nas demoradas descricións da vestimenta, a comida ou as escenas sexuais de 1Q84 achou Imai os principais retos do seu labor.

"Abondo occidental"

Mona Imai xa verqueu ao galego libros de Banana Yoshimoto -Kitchen (Rinoceronte, 2009)- ou Tanizaki -Eloxio da sombra (Rinoceronte, 2010). A piques de aparecer, co mesmo selo editorial, atópase un pequeno "e curioso" ensaio do cineasta Takeshi Kitano. "A tradución do xaponés ao galego non é simultánea", explica unha miga cansa de responder unha vez e outra á mesma cuestión, "porque en xaponés o verbo vai sempre ao final e hai que ler os parágrafos até a fin antes de traducir".

Mais, fóra dos matices técnicos, a tradutora salienta as dificultades de trasladar a diferenza cultural. "Malia a que Murakami é abondo occidental", engade, " e ás veces mesmo tiña a impresión de estar a traducir unha novela que xa estaba traducida".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_