"Cómpre conectar o país dixital e xeograficamente"
"Hai novelas galegas de temática urbana, pero nomeadamente urbanas será difícil que as haxa", ironiza Miguel Anxo Seixas (Arzúa, 1960), bo coñecedor dos arrabaldes galegos e do proceso de aculturación dun país onde, entrados os 70, máis da metade da poboación vivía do campo. "Lingua á parte, o feito diferencial é xeográfico", di.
Seixas é vogal da Fundación Castelao -escribiu Castelao pintor (Galaxia)-, membro da Asociación Internacional de Estudos Galegos e do consello de redacción d'A trabe de ouro. Traballa en Santiago, pero vive en San Sebastián de Castro (Mesía), onde axuda nunha empresa gandeira familiar de 250 vacas arredor da cal interactúan diariamente unhas 50 persoas. "O campo hoxe debía ser un luxo", comenta. "A nova fisiocracia. Pero para iso cómpre conectar o país dixital e xeograficamente. Cos núcleos illados, a enerxía pérdese".
Da dispersión poboacional hai probas -mámoas e antas- desde a época megalítica, pero a praxe administrativa dos 30.000 núcleos de poboación galegos é outra cousa.
"Cambiamos máis en 25 anos que en varios séculos", sinala Seixas, falando da Galiza policéntrica "rara en cidades" que xa publicitaba o Códice Calixtino. "Pasamos dun territorio antropocéntrico, con probas de agarimo da poboación tan claras como a etimoloxía de Boborás, Carballiño ou Ordes [cita a Gonzalo Navaza, autor de Fitotoponimia galega] á realidade difusa da pequena xeografía proletaria", resume. "Pero esa xente que só emigrou do campo á cidade non adoita contribuír á condensación do urbano, e esa xeografía rururbana que tan ben coñecemos é produto precisamente desa falta de ordenación do territorio e da distancia evidente entre a nosa realidade xeográfica e política, coa absurda división de deputacións e concellos". Seixas cita exemplos sociolóxicos ou froito, apunta, de "informes políticos, non técnicos". Desde os grandes coches que trepan o Val Miñor e os chalés acaroados "ata a construción de dous portos exteriores que case se tocan".
Internet só chega ao 30% dos fogares galegos, pero no rural -case 800 labregos seguían pagando os arrendamentos históricos aínda o ano pasado- segue habendo problemas de luz. "En Galiza non se razoou sobre o territorio, e por aí pasa o porvir", insiste Seixas. "Ordear Galiza, vertebrala e equilibrala". "Se a fachada atlántica domina desde o século XVIII, haberá que trazar alternativas para o interior. O 95% de paisaxe que é Holanda, por exemplo, págase porque é rendible. Non cómpre inventar, pero hai que consultalo".
Esconxuros
"Esconxurar" o campo pasa tamén por dignificalo. "Aquí non hai moitas imaxes de Carlos de Inglaterra limpando a granxa". bromea. Se hai xente que se libera de ser labrega para "escravizarse como camareiros", no paradoxo, segundo o historiador, non hai autoodio, senón falta de expectativas. "No XIX establécese o modelo paisaxístico fronte á terra que dá de comer, desde Rosalía e a Xeración Doente ata a música d' Aires da miña terra". "Pero eu penso", di, "que en Galiza predomina a terra sobre o modelo cristián da paisaxe". Aquí Seixas critica o "comercio da nostalxia". "Esa idea de que a memoria do paraíso perdido se debe traducir na paisaxe tamén é a dos emigrantes", explica. "Cántase o que se perde".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
La última apuesta de Petro: salario mínimo histórico, reforma laboral en marcha y ley de financiamiento por decreto
La presidenta Sheinbaum afronta la tragedia del Tren Interoceánico como remate de un año “complicado”
El descarrilamiento del Tren Interoceánico alimenta las críticas de la oposición y señalamientos contra el proyecto
Detenido un implicado en el homicidio de Carlos Manzo que participó en el chat donde se planeó
Lo más visto
- La Audiencia Nacional avala la decisión de Robles de retirar el nombre de Franco a una bandera de la Legión
- Trump anuncia la destrucción de una instalación de producción de drogas en Venezuela
- Rusia amenaza con romper las negociaciones tras acusar a Ucrania de atacar una residencia de Putin
- Alain Aspect, Nobel de Física: “Einstein era tan inteligente que habría tenido que reconocer el entrelazamiento cuántico”
- La larga sombra del hijo único: China paga con una crisis demográfica su mayor experimento social




























































