_
_
_
_
_
Tribuna:Luces
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Cultura como aposta de país

O novo Goberno considera a cultura galega como un valor estratéxico para este país e para a vida das persoas que o habitan. O modelo que estamos a desenvolver parte dunha idea de cultura aberta ao interior e ao exterior; unha acción cultural ao servizo da cidadanía contando coa estreita colaboración dos axentes culturais. Durante estes anos a Consellaría mantivo un diálogo cos diferentes sectores para levar adiante transformacións de fondo, como a Lei do Libro ou o Plan das Artes Escénicas -o primeiro do Estado-, ou a propia reorientación da Cidade da Cultura.

A cultura galega está a vivir un bo momento, e isto prodúcese grazas tanto á creatividade como ás capacidades do tecido cultural galego. Desde o Goberno a proposta de creación da Axencia Galega de Industrias Culturais non só é unha importante reestruturación da propia Consellaría de cara a unha modernización do noso modelo de xestión cultural pública, senón que é unha demostración de confianza nos nosos sectores culturais. Cremos que pode desenvolverse un tecido profesional (como xa existe en varios campos) con opcións de competir nun mercado globalizado e con capacidade de xerar emprego cualificado e de alto valor engadido, tal e como está a acontecer no conxunto de Europa.

Más información
As expectativas incumpridas do cambio

Por outra banda, o noso proxecto cultural atende igualmente a dimensión social da cultura, grazas ao desenvolvemento de políticas que cohesionan social e territorialmente, tales como circuítos e redes culturais que chegan a todos os lugares de Galiza, ou os planos xerais de actuación en patrimonio que o valorizan nas distintas zonas do noso territorio. Outro dos nosos obxectivos é a normalización cultural, que se manifesta na creación da Biblioteca e do Arquivo nacionais, institucións fundamentais para a conservación do patrimonio bibliográfico e documental de calquera país.

Na sociedade do coñecemento a política cultural é moito máis que programación de eventos. A cultura é o que nos singulariza no escenario internacional, unha forma de estar no mundo. Se queremos ser protagonistas, e non meros espectadores pasivos do que acontece, debemos facer da nosa identidade unha estratexia, e por iso estamos a desenvolver un programa de proxección exterior que nos leva a promocionar a nosa música, a nosa literatura e a nosa arte nas principais feiras do mundo. Para reforzar esta acción o proxecto cultural da Cidade da Cultura supón unha oportunidade para proxectar a cultura galega no mundo e para aumentar o peso do noso tecido cultural.

Temos confianza nas capacidades propias e cremos na potencialidade da cultura galega. A aposta deste Goberno é converter a cultura nun factor de desenvolvemento para o conxunto do país.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Ánxela Bugallo é conselleira de Cultura e Deporte da Xunta.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_