Miércoles, 2/12/2009

ELPAÍS.COM Galicia

 

LUCES

"Da cultura institucionalizada non sei nada"

Ó.I - Santiago - 24/11/2006

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 86696 votos
Imprimir   Enviar

Unha tanza de pescar "resistente, pero moi fina" é o que levaría a San Caetano Diego Cobo, Mwëslee (Vilalba, 1979). De momento non lle cómpre: o seu hip hop poroso absorbe todo tipo de atmósferas, desde o jazz, o soul e o funk groso ata a electrónica ou o post-rock.

La noticia en otros webs

El, B-Flecha e o resto dos músicos do Colectivo Arkestra, apadriñados pola xenerosidade natural da xente da sala viguesa Vademecwm, hai tempo que están no mundo, e Cobo xa non simultanea a fábrica e o deseño co tráfico de casetes. O seu primeiro disco, Megaplast (2006), serviulle ao selo holandés Kindred Spirits para ampliar un catálogo exclusivamente nacional. O ano pasado, o galego foi o único representante estatal na Red Bull Music Academy de Seattle, onde tivo ocasión de saudar aos membros resistentes dos fundacionais Public Enemy.

Sobre as necesidades e obrigas do mercado cultural, pola parte que lle toca, teno claro. "O dos artistas visuais e as subvencións é outra cousa, pero música e industria son universos paralelos. Eu de cultura institucionalizada non sei nada ", di. Tampouco Javi Montes (A Coruña, 1975). En 2002 estableceuse como ilustrador independente. Aquí pasou de El Jueves (Mister K) a pintar para Marvel Comics e DC, a través do axente catalán David Macho. Agora traballa para Francia, principalmente para a prestixiosa Les Humanoïdes Asociés, fundada por Moebius, con máis flexibilidade autoral e prazos máis longos.

Sempre que se fala de ilustración e banda deseñada en Galicia, con autores tan contrastados como Alberto Vázquez, David Rubín -agora comprometido tamén co audiovisual-, Enma Ríos, Kiko da Silva, Kike Benlloch ou Manel Cráneo, e fancineiros co talento de Cosme Fernández, Jano Viñuela ou Miguel Porto, adóitase falar dunha vizosa canteira. Hai relevo para Daspastoras ou Miguelanxo Prado, pero -subliña Montes- "a única editorial que existe como tal é BDbanda, e tanto esta como Polaqia, favorecidas pola autoedición, pódense valorar globalmente coma un bo comezo. Todos os que nos adicamos a isto sabemos que é un traballo pouco valorado economicamente".


Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 86696 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
18:11 La Marina chilena suspende un acto del Bicentenario por el arresto de varios oficiales
18:10 Condenado a nueve años el director de un diario económico iraní
17:59 A petardazo limpio en Chamberí
17:53 Banderas contra barreras
17:52 Bruselas investiga si la nueva ley de financiación de RTVE incumple la normativa comunitaria
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)