_
_
_
_
_
Luces

Editan un CD con cancións de textos de Celso Emilio

Baixo a catalogación de "fotobiografía sonora", o selo pontevedrés Ouvirmos editará un libro e dous cedés dedicados ao poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). O volume en papel recolle arredor de 120 fotografías, escolmadas do álbum familiar, e un texto do crítico e mantedor da poesía completa do autor de Viaxe ao país dos ananos Ramón Nicolás. Nos soportes dixitais, a voz do autor recitando as súas propias composicións e unha selección de 15 cancións sobre poemas de Celso Emilio. A obra presentaráse o vindeiro 16 de abril no Concello de Pontevedra.

As imaxes e as gravacións dos recitados, exhumadas de casetes, proceden dos fondos da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Os temas musicais, dos fondos da discográfica. O folk de combate de Fuxan os Ventos, a orquestra soul de Los Tamara, Suso Vaamonde ou Benedicto aparecen representados no cedé compilado por Ouvirmos, sempre sobre textos do de Celanova. Amais, o disco musical conta coa explicación introdutoria do xefe de programas da Radio Galega, Xurxo Souto, e cunha canción inédita en estudio de Dios Ke Te Crew, que transportan ao hip hop o célebre Deitado frente ao mar, de Longa noite de pedra.

Trátase da segunda fotobiografía sonora publicada por Ouvirmos. Hai tres anos fixera o propio con Manuel María.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_