_
_
_
_
_
GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A Educación para a Cidadanía e o boxeo

Manuel Rivas

Hai xente que se espanta coa idea de viaxar no tempo. A min non me importaría, ao contrario, ter agora cero anos e comezar xa o curso escolar. E talvez estaría contente cun mandilón de galescola. Vexo pasar felices os rapaces cara á escola. Mesmo os máis golfos dos institutos vese que van ledos levando coa mochila unha "alegría maliciosa", diría o Vasili Grossman. Teñas cero anos ou sexas un adolescente vello, onde mellor estar que nun local de ensino? Os nenos saben, intúen, que o máis importante da escola é estar na escola. Só algúns pais, curas e políticos doutrinarios non entenden isto e teñen unha idea unicamente instrumental da escola.

Na escola hai problemas, mesmo o grave do acoso que poden sufrir os máis febles en mans dun matón. Aínda así, a violencia é diferente. Hai máis posibilidades de afrontala e desarmala. Na escola hai xente disposta a ver e disposta a escoitar, sexan estudantes ou profesores. Fóra da escola, unha parte da infancia vive nunha especie de "estado de excepción", recluída nunha soidade onde o ser máis querido, ou que máis o quere, é a televisión.

Aquí, se se impartise o galego en inglés, ao mellor había galeguistas como area
Don Antonio suspendía a clase e obrigábanos a todos a ir ver con el o combate de boxeo
Más información
Os ventos volven fuxir

En realidade, Educación para a Cidadanía non debería ser un discutido apéndice escolar, unha subordinada destinada a apandar coas malleiras da dereita, o pallaso laico das labazadas, senón unha materia central no ensino. O coñecemento da dos dereitos humanos, da dramática historia da loita do xénero humano pola liberdade, non debera ser só un contido imprescindíbel dunha materia senón o fundamento do espazo escolar. Como falar de economía, de historia, de leis, de desenvolvemento científico, de medio ambiente, de xeografía e xeopolítica, de literatura e expresións artísticas, mesmo de deporte, sen ter como centro esa historia dos dereitos humanos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

En Galicia deberiamos dar a Educación para a Cidadanía en francés. Na Idade Media, Galicia era tamén coñecida como a Pequena Francia. E logo está claro, coas Luces e coa primeira Declaración Universal dos Dereitos do Cidadán, a liberdade falaba francés. Como xa dicía o doutor Nóvoa Santos:

-Liberté, igualité, fraternité...e a ser un pouco bo.

Xa sei que hai moita chanza coa decisión do goberno da Comunidade Valenciana de que esa materia se imparta en inglés. Mesmo hai conservadores que non están de acordo, que pensan non é patriótico iso de ter de ensinar o contido da Constitución española con tradutor e todo. Eu que sei. Se cadra os rapaces prestan máis atención. Aquí, se se impartise o galego en inglés, ao mellor había galeguistas como area. Eu o que digo é que se a Misa en latín, a Cidadanía, en francés. En Coruña, nos xardíns do Recheo, había un Carrusel con cabaliños de madeira que durante anos e anos tivo por música A Marsellesa. E os rapaces das escolas racionalistas, dos moitos compañeiros e seguidores de Ferrer i Guardia, o apóstolo da escola moderna, tiñan por unha das cancións preferidas Le temps des cerises (O tempo das cereixas). Que peza, que marabilla, aquela canción popular de Jean-Baptiste Clément, con música de Antoine Renard, composta en 1867, e que foi escolleita como himno pola Comuna de París de 1871, alí onde din que morreu defendendo o ideal solidario o noso Ramón de la Sagra.

Quand nous chanterons le temps des cerises

Et gai rossignol et merle moqueur

Seront tous en fête...

Lugrís, o xenial pintor, botábase a chorar cando escoitaba unha nota furtiva que lle facía lembrar O tempo das cereixas. Fora a banda sonora da súa infancia. A que lle aprenderon os mestres librepensadores como Francisco Tettamancy, que tiña tamén un reloxo de cuco moi liberal, pois o paxaro saía a cantar cando el llo pedía. A peza que a nai de Lugrís interpretaba ao piano. Como dicía o extraordinario contista uruguaio Filisberto Hernández, "os pianos son moi boas persoas".

Si, cando nos cantemos o tempo das cereixas

estarán de festa

o ledo reiseñor e o merlo burlón

Si, que ben soaría nas galescolas, cando Os Rumorosos, a canción das cereixas que ten por protagonista engaiolante esa personaxe do merle moqueur, o merlo riseiro: "Cando nós cantemos o tempo das cereixas / que ben asubiará o merlo burlón".

Mais a canción xa o dicía, xa avisaba: "Il est bien court le temps des cerises" (Vaise moi axiña o tempo das cereixas). E foise.

A nós, claro, nunca nos cantaron a canción das cereixas.

A nosa xeración tivo moito Catecismo, moita Formación do Espírito Nacional e nada de canción das cereixas. O Catecismo tiña o Espírito Santo, que era pomba ou pombo, non sei. O Espírito Nacional tiña a forma imperial da aguia. E que fora do merlo moqueur, do merlo riseiro, do merlo burlón. Pois andaba por fóra. Tamén a Educación para a Cidadanía había que ir aprendéndoa por fóra. E por camiños moi sutís, inesperados.

A primeira vez que aterrei na escola foi en Castro de Elviña e chamábase así, O Catecismo. A familia fixera mudanza dende outro extremo da cidade, dende o Monte Alto. Non era o primeiro, exactamente. Antes fora a un local escolar, perto do camposanto de San Amaro, que, como expresa a sabia tradición veciñal, é un dos cemiterios non só máis bonitos senón tamén máis sans do mundo. Andar andaba, pero non debía ter moito máis de cero anos cando fun da man da miña irmá María. Había dúas señoras que se dedicaban a alindar unha recua de nenos con amabilidade naquel "cuarto de concentración", pola densidade demográfica que había. Eu o que lembro é que estiven todo o curso sentado enriba dunha maleta xunto con outro neno e sen facer nada, como se estivesemos á espera dun barco que nos levase a América. Coa envexa e o namoro, iso si, de oír ás nenas aprender a ler dun día para outro. Que ben lle sentaron sempre as sílabas ás nenas!

O caso é que a primeira escola foi a de Castro. Aínda non chegara o mestre, e alí estaba á miña espera, retador, un rapaz que tiña por bo alcume O Roxo. O seu rostro, estouno vendo, era o vivo retrato do merle moqueur. Sen máis, colocouse un pau no ombro e soltou un desafío bélico:

-Quítame o pau se es home!

Eu non quería quitar nada, quería desaparecer, mais todos os outros empuxaban para a pelexa. Ben. Ese foi o meu mellor amigo, até que emigrou coa familia. Un día díxome como quen describe a lei da gravidade:

-Mañá voume para Inglaterra e ti quedas aquí.

E botou a rir. Eu fiquei triste. Marchaba o meu merlo riseiro.

Hai outro episodio na memoria e que tamén ten de ver cos puños. Ocorreu que o mestre, que non sei se perdía os estribos ou perdía o cabalo, bateu con saña nun neno chamado Rafael. O rapaz botou berro, mestura de anguria e aturuxo, e fuxiu da escola. Entón, o mestre, enfurecido, mandounos ir tras del e traelo. E alí fomos aquela manda detrás do pobre rapaz. Mais cando chegamos a unha curva, onde se perdía de vista a escola, alguén berrou alto. Era Juan, o gran Juan, que rompera unha perna e medrara moito no hospital polas vitaminas. E vai, ergue o puño e móveo en panorámica diante dos esbirros e di: "Quen lle toque a Rafael vaise para o outro mundo!". A expresión de Juan, lémbroo ben, era a do merlo riseiro. E non houbo máis. Porque aquel, ben se vía, era o puño da bondade. E outro último episodio de boxeo para a cidadanía. Foi xa na escola de Elviña. Tiñamos alí un mestre moi competente, don Antonio. Tivera unha doenza que o deixara tolleito. Semellaba unha figura descomposta das que pintou Francis Bacon. Mais el amaba, coido que por enriba de todo, o boxeo. Era a época estelar de Cassius Clay (Muhammad Ali) e os seus históricos combates con Joe Frazier, que emitían en diferido pola única canle, TVE, que había daquela. Ocorría entón algo coido que único en todo o mundo. Don Antonio suspendía a clase e obrigábanos a ir ver con el o combate de boxeo. Era unha actividade escolar! Camiño do bar, ía diante, apoiado na muleta, e co seu sorriso de merlo burlón. Alí estaba, ben disfrazado, o noso merle moqueur.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_