_
_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Escribir fóra e dentro

Nas nosas vidas vai desaparecendo o espazo, os lugares físicos, e tratamos a distancia. Vivimos a distancia a través do teléfono, da Rede, dos autos, dos trens e dos avións. Vivimos o espazo de modo moi distinto aos nosos avós que para emigraren a América viaxaban semanas a bordo dun barco mentres nós chegamos en avión nunhas horas. O espazo vaise acabando, acabamos con el. E así e todo o espazo segue determinando as nosas vidas e a forma na que nos organizamos como sociedade, que llelo pregunten se non aos exiliados do seu país. Ou aos emigrados. Vivir lonxe do lugar de un é vivir fóra da propia memoria, en parte é vivir fóra de un propio. Iso ás veces é para uns unha mágoa e para outros unha liberación, unha nova oportunidade. Á fin, uns e mais outros, todos perden, os que fican no lugar acoran e os que viven lonxe senten que perderon a vida por aí diante.

O lugar ao que un sinte pertencer é parte da identidade tráxica da gran maioría dos seres humanos. Como atinxe isto aos escritores? Viven aquí escritores que sendo galegos de orixe escriben en castelán, escritores que non sendo galegos de orixe escriben en galego. Precisamos a existencia de todos eles. Un país homoxéneo é un inferno enfermo (e cómo habemos renunciar a dona Emilia, a Valle ou a Oroza). Con todo, a tensión imprescindíbel e poderosa dáse entre a lingua galega e o país que a naceu. A literatura da emigración e do exilio foi obsesiva coa identidade galega: sempre a ollar desde lonxe para Galiza. Mais hoxe hai quen vive lonxe sen ser exactamente emigrado ou exiliado, persoas que por motivos varios probaron a vivir fóra do país. Entre elas hai escritores, por forza deben de vivir dun xeito peculiar a súa relación co país. E de seguro que coñecen cousas de nosoutros, os que vivimos aquí, que nós non sabemos; a súa ollada debera sérmonos valiosa. Eles poida que saiban máis (aínda que iso non os faga máis felices).

O que marcha, renuncia ao que hai aquí, busca e encontra fóra novas oportunidades que aquí non atoparía. Perde, pola contra, as oportunidades que ofreza o país. Gaña un espazo fóra, perde o seu espazo aquí. É un prezo a pagar. Os escritores que escriben en galego e viven fóra de Galiza pagan o prezo de ser máis ou menos esquecidos, preteritados, negados. Dicimos que o que importa é a obra literaria, o valor dos libros. Así debera ser. Porén, se o autor dos libros non comparece, non asiste, non ten presenza humana entre nosoutros esquecemos o libro e mais o autor. É cruel. A crueldade é a idea que ten a vida do que é a xustiza. A vida entende que o correcto é ser sempre salvaxe. Por iso os civilizados temémola e loitamos con ela.

Habería que facer por traer a entre nosoutros a escritores que escriben na lingua que os fai pertencer, malia que non consegue incluílos na vida do país. Que precisan tamén ser vistos e recoñecida a súa obra no que xustamente valen. Lembro agora a Arcadio López Casanova, a Vicente Araguas, a Reigosa. E teño presente a case unha xeración de escritores, que conservan máis presenza, como Miguel Anxo Murado, que vén ofrecendo marabillas desde os 80, ou Xelís de Toro ou Xabier Queipo. Eles e outros se se reunisen terían cousas a contar sobre o que é ser escritor galego desterritorializado, escribir fóra.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_