_
_
_
_
_
Luces

O Fiadeiro escenifica cantos e bailes de oficios tradicionais

Nas súas viaxes por Galicia tras as pegadas da cultura tradicional, os membros da asociación cultural O Fiadeiro, fundada en Vigo en 1996, axiña se decataron de que practicamente todos os oficios tiñan, como pouco, cadanseu canto. Mesmo deron con danzas vencelladas a labores como a Jota de Moscoso (Pazos de Borbén), ligada aos pedreiros. En Vila de Cruces levaron unha das súas meirandes sorpresas, cando unha veciña interpretou para eles un canto de capadores que é, en si mesmo, un alegato en clave irónica e con moito sentido do humor contra o intrusismo laboral de persoas alleas ao gremio, xentes descoñecedoras da profesión que deixaban en mal lugar aos auténticos expertos e facían sufrir ao animal.

É unha homenaxe aos transmisores deste patrimonio e ten afán didáctico

Daquel achado, nos directores das seccións de baile (Miguel Souto), pandeireta (Javier Feijóo, Chisco) e música (Rafael Crespo) prendeu a idea de crearen un espectáculo tecendo traballos e pezas musicais e de danza. Empezaron a perfilalo no verán de 2009 e mañá sábado por fin chegará o día de representalo diante do público no Teatro Novacaixagalicia de Vigo (20.00 horas). Ao longo de dúas horas, medio cento de persoas, vestidas con fidelidade á época e ao contexto pola xastra Begoña Martínez, farán revivir mineiros de Santiago, apañadoras de castañas dos Ancares, fiandeiras de Santa Comba, labregos de Mondariz, ovelleiros do Cebreiro, redeiras de Muxía e mariñeiros de Rianxo. Escenificarán 13 números que tamén porán a proba a versatilidade dos prestixiosos corpos artísticos desta escola. "Na reserva quedaron os vendimadores, os arrieiros e os cantos de seitura, tamén moi interesantes, pero a duración da montaxe sería excesiva", comenta Souto, coordinador da obra De oficios e labores, o sétimo espectáculo de gran formato producido pola asociación cultural.

Un canto de berce recollido en Quintela de Leirado e a recreación dun serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas) serán as pezas encargadas de abrir e de pechar, respectivamente, unha función que, alén de amosar o talento dos integrantes d'O Fiadeiro, ten dous obxectivos: servir de homenaxe ás persoas transmisoras deste patrimonio inmaterial, vivo na tradición oral ao longo de xeracións, e unha marcada perspectiva didáctica. "Moitos destes labores están perdidos e hai xente nova que os descoñece por completo".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_