Fóra de Lugar
- GALAICOPORTUGUÉS, chaman á lingua dos trovadores e das Cantigas de Afonso X. Non galaico-portugaico, nin castellanaico nin francesaico. Os mestres que non podían soportar a existencia do galego buscáronlle un disfrace de cousa rara, etérea. Pois non, galego. Que xente é esa que lle ten medo ás linguas?
- ONDE VAI O FRANCÉS? Antes a xente estudaba francés. E onde van os cantantes franceses? Ninguén nos avisou que en chegando o inglés había botar fóra ao francés. As linguas son feroces.
- PAGA A PENA O FRANCÉS. Aínda que nada máis fose por entender as cancións dun belga, Brel, dun armenio, Aznavour, dun anarquista monagasco, Ferré.
- FEDERAL. Un amigo lembra a Azaña: España será federal ou non será. E se non fose así? E se pensar así conduce onda a Azaña? Exilio e fracaso. Fóra de lugar.
- TODOS BUSCAMOS UN LUGAR NA VIDA E NO MUNDO. Algúns buscan unha vida nun lugar fóra de lugar. E acaban nel ao dereito.
- E QUE HABÍA SABER AZAÑA? Quen sabe nada? Quen sabe cousa de como ha ser o mundo? Leo que editan un libro colectivo dunha chea de científicos e pensadores con predicións sobre o mundo en 25 anos. E como non habemos rir.
- "EMMENEZ MOI", canta Aznavour. "Lévame á fin do mundo. Lévame ao país das marabillas. Coido que a miseria ha ser máis levadeira ao sol".
- MAL ESCRITOR. Non me debo enganar nesta altura, inimigos habelos hainos. Quen aborrecen as miñas ideas sobre sociedade e política fanme ver que me aborrecen. Non se pode evitar, non é doado cambiar de xeito de pensar, para eles tampouco. Nin cambiar de modo de sentir, non me han querer mellor.
- O PEOR é que ademais de sinalarme os meus erros acaban sempre en denunciar a miña pobreza intelectual e literaria: son mal escritor. Sobro e mais estou fóra de lugar. E se son xente informada? E se cren o que din? E se acertan? Quen sabe. Fatigar, fatiga.
- CADA VEZ MÁIS DUBIDO destas botellas. Teñen unha respiración lenta de máis, debera escribir máis ás présas. Tamén nesta páxina.
- ESCRIBIR, ao cabo é un traballo espiritual. Andamos fóra de lugar. Debera escribir máis formal, tamén aquí. As páxinas dun xornal aturan case todo; todo, todo non. Un día trouxen estas botellas da Rede para aquí, tan fóra de lugar, quen sabe se non debían voltar á Rede.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Leer para diseñar una casa, un hotel o una ciudad
La Guardia Civil investiga la muerte de un joven inglés por arma de fuego en una urbanización de Orihuela
Un accidente en la C-16 deja cinco heridos, dos de ellos menores de edad en estado crítico
La inflación cierra diciembre en el 2,9% y acaba el año como lo empezó
Lo más visto
- La Audiencia Nacional avala la decisión de Robles de retirar el nombre de Franco a una bandera de la Legión
- Rusia amenaza con romper las negociaciones tras acusar a Ucrania de atacar una residencia de Putin
- Trump anuncia la destrucción de una instalación de producción de drogas en Venezuela
- Alain Aspect, Nobel de Física: “Einstein era tan inteligente que habría tenido que reconocer el entrelazamiento cuántico”
- Robles exige a Feijóo que pida disculpas por decir que el Ejército no acudió en ayuda de las víctimas de la dana




























































