_
_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

George Steiner entre nós

Aí está a edición en galego, George Steiner no The New Yorker, un volume que reúne as súas reseñas de libros desde o 67 ao 97 nesa revista exquisita. Exquisita, pois é un chisco repunante, diriamos nós, e, sobre todo, ven sendo intelixente, viva e permanentemente moderna desde os anos vinte. Realmente representa na cultura americana o grao de sal da liberdade e sofisticación necesario. Probabelmene non teña moito futuro, pertence a ese século que vai ficando atrás con todas as cousas, tamén nós, que creou.

Steiner tampouco non é calquera cousa, é un intelectual verdadeiramente exquisito, e isto en todos os mellores matices da palabra. Non por casualidade é xudeu europeu. A II Guerra Mundial foi no mundo unha guerra de potencias, mais na Europa foi unha guerra de nacións-Estado, unha guerra nacionalista que ademáis dunha cantidade de destrución e de dor impensada deixou a Europa arruinada. Aparte dos mortos na guerra e dos asasinados nos campos de exterminio, de aquí escaparon as mellores cabezas xudeas supervivintes cara Estados Unidos. E alí foron aceptadas tal como eran, en palabras de Hannah Arendt na ocasión de recoller o premio Sonnig: "A liberdade de facerse cidadán sen ter que pagar o prezo da asimilación. O que perdeu a Europa pasou a arriquecer a sociedade, a ciencia e a cultura norteamericana". É o caso do señor Steiner.

A escrita de Steiner é moi iluminadora para os que gustamos da lectura, para quen teña unha parte da súa patria íntima nos libros. No 1984, Bárbara McShane e o noso Javier Alfaya traduciron para Alianza Tres unha antoloxía dos seus textos, Lecturas, obsesiones y otros ensayos, que foi a súa presentación en España. Ségueme a parecer unha presentación do seu pensamento inmellorábel e tamén alí está o mellor Steiner, intelixencia, pulo e inspiración. Alguén que, como xudeu cosmopolita á forza, e que vive entre linguas comprende o valor do singular, do único, do diverso. Sen dúbida desa outra figura intelectual e mestre ventureiro, Isaiah Berlin.

Hai un par de anos, xa se deu unha triste disputa por conta dunhas declaracións equivocadas de Steiner. A tensión nacionalista desatada nos últimos anos na España, que conduciu a aberracións democráticas como o cerre do xornal Egunkaria polo único delito de estar escrito en euskera, tamén o intoxicou con informacións falsas. Foi un debate que houbo que facer, houbo que saír ao paso dunhas consideracións pexorativas sobre a nosa lingua que viñan amparadas polo seu prestixio intelectual. Con todo, foi amarga e pouco feliz para os que, participando nela, admiramos a obra deste crítico da cultura e a literatura desde hai anos, sen caer tampouco nunha mitificación acomplexada e pailana. Daquilo o que ficou foi algo moi valioso: as súas desculpas. Que intelectual pide desculpas cando erra e ve que ademais fai dano? Quen asume así as súas responsabilidades? A iso chámaselle ter ética intelectual. O noso respecto.

E parte da súa resposta é precisamente a edición en galego deste seu libro: é máis que un libro, é un xesto. Obrigado, señor Steiner.

http://susodetoro.blogaliza.org/

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_