"Grafar 'ó' ou 'ao' nunca debe ser motivo de polémica"
O investigador israelí Itamar Even-Zohar advirte que a defensa de culturas coma a galega non se debe centrar só na lingua.
Itamar Even-Zohar (Tel-Aviv, 1939) está de volta en Galiza. Este mes imparte na facultade compostelá de Filoloxía un seminario tras aceptar o convite do vicerrector de Cultura, Elías Torres. Coñecido pola teoría dos polisistemas e a dos repertorios culturais, entroutras aportacións de interese no estudo das interferencias entre linguas, literaturas e culturas, Itamar resume o seu traballo como investigador na Universidade de Tel-Aviv: "Interésome polas condicións para que unha sociedade teña éxito ou fracase", di. "Estudo as culturas non como bens, senón como modos de vivir".
Das primeiras veces que veu a Santiago, en 1993 e 1994, aínda se lembra a polémica que polarizou entón a intelectuais tan dispares como González Millán e Carlos Casares. Itamar escribía entón que o galego corría o risco de desaparecer como lingua culta "en poucas décadas", e que dominando o castelán "é como o acceso aos recursos parece ser máis prometedor para a maioría dos galegos".Nunca foi intención súa sementar polémica. "Hai unha persoa cerebral e outra privada", explica. "Galiza era un exemplo do meu traballo sobre o xurdimento de entidades políticas como consecuencia do traballo intelectual. Están Francia, Italia e Alemania, e despois os casos ibéricos... Falta conciencia de que os grupos e as identidades políticas e culturais non son creacións naturais. Xorden nun momento en determinadas condicións, e se nesa masa existe un grupo pequeno como foi o galego, unhas 30 persoas desde o Rexurdimento, mobilízase máis xente".
O estudioso dubida de que o galego sexa "a ferramenta máis importante de Galiza"
Even-Zohar lamenta que en Galiza non haxa moito interese en investigar "canta xente necesitamos para que as nosas accións poidan ir adiante". "Non é un problema teórico, senón de dimensións moi prácticas. ¿Por que se reúnen 100 na unificación de Italia e 30 en Galiza? O obxectivo máis importante da planificación da cultura como un conxunto de modos de vida é propoñer solucións tras unha análise da situación, como discute Castelao en Sempre en Galiza". Itamar ten unha lista de 250 persoas que viven da lingua galega, aínda que poderían ser 1.000, segundo lle contan. Neste punto, di, "hai que preguntarse se é unha actividade cuns obxectivos claros ou se se trata dunha inercia histórica". É consciente dos paradoxos: "En tempos de Castelao o castelán era a lingua do poder. E hoxe, cando a lingua semella o principal problema, non hai ningún diario en galego".
Nunha conferencia en 2003, Even-Zohar comparaba Galiza con outros espazos recurrentes nos seus estudos de campo, desde Terranova ata as Illas Feroe. "A intelectualidade que fala e escribe sobre Galiza concentrouse tanto na lingua como solución que se esqueceron outros ámbitos", di. "Sen a lingua non se tería podido avanzar, mais convén centrarse tamén noutras cousas, porque non hai solucións para sempre".
"Políticamente, unirse con Portugal non ten ningunha vantaxe", afirma, "mais unha intensificación das relacións, sobre todo no que atinxe á lingua e ás industrias de produtos da linguaxe, á mellor protección da lingua, poderían reforzar o estatus do galego". O investigador insiste: "Hai razón para poñer en dúbida a crenza case común de que a lingua é a ferramenta máis importante de Galiza para manterse como unha sociedade que pode controlar os seus recursos. Quizais se creou confusión entre o valor dun ben simbólico indispensable (o galego) e outras ferramentas que funcionarían mellor non só á hora de crear fronteiras simbólicas, senón á hora de crear a situación desexada para, sequera, non deixar á cultura española que drene as capacidades intelectuais de Galiza, que son a única garantía do seu benestar social e económico".
"O que hai que facer é pensar como mellorar a vida da sociedade en moitos outros aspectos", di. O exemplo "fantástico" para Itamar é Irlanda e o gaélico irlandés, idioma oficial de traballo na UE. "Hai unha identidade irlandesa, a enerxía dos poetas e dos investigadores, e o número de falantes do irlandés hoxe son 77.000 persoas". Sendo "indispensable" o galego, "sequera como símbolo", precisa, "grafar ó ou ao nunca debe ser motivo de polémica".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Morena y Verde se dividen en SLP por una reforma que beneficia a la esposa del gobernador
Alavés - Real Madrid en directo | El equipo blanco busca un triunfo en Vitoria que lo acerque al Barça en Liga
El Gobierno, contra el presidente de los obispos: “Respete la democracia”
Las dos universidades públicas y 35 colegios de Valencia suspenden las clases este lunes por el temporal
Lo más visto
- Guardiola elimina la prohibición de que los jefes de servicio de la sanidad pública ejerzan en la privada y sube un 59% la derivación de pruebas
- Sin duchas ni camas adecuadas, y con obras en marcha: así estrenaron 30 niños extranjeros el centro de acogida de La Cantueña de Ayuso
- El “canibalismo interno” se extiende en el PSOE a la espera del día después de Sánchez
- El Ayuntamiento de Valencia y el Levante piden a LaLiga aplazar el partido contra el Villarreal por las fuertes lluvias
- Rusia eleva la presión sobre la UE con una demanda para evitar que financie a Ucrania con sus activos congelados




























































