_
_
_
_
_
Luces

A 'Jalisia' en fotos de Xurxo Lobato chega a A Coruña

Catorce instantáneas a gran formato do fotógrafo Xurxo Lobato (A Coruña, 1956) estrean, desde hoxe, o seu novo proxecto, Jalisia is my country, na galería Moret da Coruña. Os rexistros, tomados en diversas romarías galegas durante o pasado verán de 2010, captan parte da última transformación da sociedade galega, aínda dacabalo entre o mundo rural e o mundo urbano, a través de retratos de mulleres, deliberadamente rexistradas sen rostro, "para reforzar a potencia narrativa do discurso".

No fresco que presenta Xurxo Lobato, colaborador de EL PAÍS, conviven minisaias, ex votos e tacóns de agulla. Mulleres co pano na cabeza e mulleres vestidas con roupa de Zara que asisten ás celebracións rituais da morte, como a coñecida procesión dos cadaleitos de Santa Marta de Ribarteme, coas unllas pintadas e envoltas en cores e non en branco e negro. "Formalmente, eu aposto polo expresionismo a través da cor e polo conceptual á hora de encadrar a imaxe", explícase o fotógrafo. "No tocante ao contido, trátase dunha visión renovadora da Galicia tradicional".

"Hai un cambio sociolóxico que está aí, só cómpre fixarse nel", razoa o autor, quen desbota calquera pretensión etnográfica ou antropolóxica neste traballo e co que segue a afondar en dúas cuestións, a identidade e a transformación, vertebradoras da súa dilatada traxectoria detrás da cámara. De feito, a serie continúa, arestora no eido do hábitat. Unha atención ao espazo coa que Lobato amplía o sentido do título xeral e unha actitude documental en sintonía con dúas das propostas expositivas de fotografía máis celebradas polo público galego, como son a retrospectiva do gran Virxilio Vieitez no museo Marco de Vigo e o retrato de Galicia por Cristina García Rodero, que se pode visitar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_