_
_
_
_
_
OS GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

John Berger contra o mal de ollo

Manuel Rivas

Un trazo fundamental do Tuzarismo (ou pensamento Bruto) é o xeito de ollar. Existe tamén a ollada túzara. Detectámola axiña. É a ollada a un tempo receosa e depredadora. A ollada do prexuízo ruín. A ollada que despreza o diferente. A ollada reaccionaria, intimidatoria. Esa ollada censuradora que por toda parte ve vicios, dexeneración e perigo, agás o mal que ela mesma causa. É unha ollada que non dá. Un mal de ollo do que tanto sabe este sufrido país que non consegue desentangarañarse.

Porque velaí o problema real. Manter mantéñense algunhas taras típicas. Caciquismo claro que aínda o hai, e anovado, fachendoso do seu poder, con moito chifre mediático. Mais eu o que digo é que o peor mal de Galicia é aquel no que xa teimaban os nosos vellos. O problema non é político, que tamén. Nin económico, que ben lle chega. Nin cultural, que falta un fervor. O problema principal, hai que convencerse, é o Mal de Ollo. Que outro factor pode abranguer a causalidade que vai dende o feísmo arquitectónico até as listas de espera nos ambulatorios? Que é o que explica campañas electorais delirantes, como a pasada? E aínda hai quen ri de Hugo Chávez! Podían dicir: "Para energúmenos, nós. Ouh, maricón!". Non é sintomático que a primeira consellería que se quere facer desaparecer sexa precisamente a de Cultura? E que pensar da instrución xudicial do caso Prestige, a maior catástrofe ecolóxica despois de Chernóbil? Á parte do contido, alguén botou unha ollada á escrita do texto? É unha auténtica xoia do que poderiamos chamar a tradición ágrafa.

Caciquismo aínda o hai, e anovado, fachendoso do seu poder, con moito chifre mediático
Más información
La luz de una vela cuando se apaga

O caso é que temos un problema histórico de Mal de Ollo. É só hai un xeito verdadeiro de superalo. Cunha revolución na ollada, no xeito de ver. O remedio contra o Mal de Ollo, que ten cativo o país, que o murcha, que reforza o instinto primario do medo e a desconfianza insolidaria, só pode ser outro xeito de ollada. E o contrapunto ao Mal de Ollo é a ollada fértil, a ollada criadora. A ollada de Venus.

Quen máis ten meditado no noso tempo sobre a calidade do ollar e as metamorfoses e máscaras da realidade até chegar ao actual espello escachizado no que se mire o mundo, ese é John Berger. Sabido é que Porca terra (existe versión galega con tradución de Xoán Abeleira) é un dos grandes libros de relatos da literatura universal, da estirpe de Juan Rulfo, Anton Chekhov, Miguel Torga e Graciliano Ramos. Universal e galego, porque certamente hai unha estraña irmandade de Porca terra co mundo e os relatos de Os biosbardos (Blanco Amor), Dos arquivos do trasno (Rafael Dieste), Escola de menciñeiros e Os outros feirantes (Cunqueiro), Á luz do candil (Ánxel Fole) e Arraianos (Ferrín). E tamén as Memorias dun neno labrego (Neira Vilas). Se hai un oftalmólogo que nos aprendeu a ver coa área de visión e coa área de cegueira, ver o "máis estraño", alguén que profundou nesa "enigmática organización" que chamamos alma, se alguén nos aprendeu a oír as cores, a escoitar as pinceladas, as "voces baixas" da historia que poboan as marxes das imaxes e os suburbios dos textos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

John Berger encarna a ollada fértil. É un menciñeiro internacionalista contra o Mal de Ollo.

Onte inaugurouse en Barcelona unha engaiolante mostra dedicada á súa última obra, From A to X, e que levaron adiante a cineasta Isabel Coixet e esa nosa nova Raíña Lupa que é a Rocío San Claudio Santa Cruz, xunto coa arquitecta Benedetta Tagliabue. Nesa mostra, nun labirinto carcerario de mallas metálicas, escoitamos as "voces baixas" da historia, as cartas de doce mulleres lidas por doce actrices que tamén encarnan a ollada fértil no mundo de hoxe, dende María de Medeiros a Isabelle Huppert, pasando por Sarah Polley, Leonor Watling, Tilda Swinton, Patrica Clarkson, Monica Belluci, Sophia Calle, Penélope Cruz, Julie Delpy e Carme Elías. As cartas que oímos son unha escolma das que aparecen no libros, escritas por unha muller a un home que está en prisión.

Explícao Isabel Coixet, ela que fai o mellor cinema fértil: "Nas cartas fálase da soidade, do arrecendo dos limoeiros, da dor, da sombra dos gatos, do peso da ausencia... do valor do diñeiro, o medo, a dignidade dos pobres, o caos, hoxe máis actual que nunca, dun mundo afogado polas presións dos poderosos".

Rocío San Claudio Santa Cruz, quen fixo posíbel unha das exposicións máis sobranceiras dos últimos anos en Galicia, a da herdanza de Julio Cortázar, apunta con moita razón que a exposición de John Berger, ese feliz suceso que ten lugar en Barcelona, tería un magnífico escenario na antiga prisión provincial da Coruña. Berger xa estivo de incógnito en Galicia. Traer esta exposición a un lugar da memoria histórica sería situar A Coruña e Galicia no espazo internacional da ollada fértil.

Sería unha oportunidade tamén para pór en contacto a John Berger coa artes e a literatura galegas. Estou convencido de que ficaría marabillado con dúas das mostras máis recentes, as Olladas do silencio, onde José Caruncho condensa o seu traballo fotográfico coa luz, as xentes e a natureza durante dúas décadas no Courel. E como algo o coñezo, estou a imaxinar a Berger entusiasmado co traballo creativo de Xosé Abad na mostra (m)2. O eixe desta mostra son oito trípticos de factura extraordinaria, nos que as protagonistas son oito parellas de mulleres. Nai e filla, por separado e xuntas en cada tríptico. Ollada fértil en todos os sentidos. Cada tríptico é un relato persoal, familiar e colectivo. Mais logo está ese "algo máis", ese plus, que fai que as fotografías de Abad pertenzan xa á Realidade Intelixente, ese espazo de resistencia que nos defendeu e defenderá contra o Mal de Ollo.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_