_
_
_
_
_
Luces

Libros galegos forman parte da Torre de Babel porteña

Un total de 600 volumes doados pola Xunta e polo Instituto Arxentino de Cultura Galega forman parte da instalación Torre de Babel de libros, realizada en pleno centro de Buenos Aires pola artista arxentina Marta Minujín, co gallo da designación da cidade coma Capital Mundial do Libro por parte da Unesco.

Deste xeito, a lingua galega está representada nunha iniciativa na que tamén participan outros 50 países entre os que se atopan Arabia Saudí, Xapón, Cuba, Estados Unidos, República Checa ou Libano. Entre os volumes hai novelas, contos, libros de poesía, de ensaio, de historia, arte...

A torre consta de 30.000 libros escritos en diversos idiomas e alude á diversidade racial e cultural que caracteriza á capital arxentina. Conta cuns 25 metros de altura e pode transitarse por dentro a través de sete plataformas de circulación. A autora do proxecto, Marta Minujín, está considerada como unha das figuras máis destacadas da arte contemporánea arxentina.

A inauguración da instalación, celebrada na noite do pasado mercores, contou coa presenza do delegado da Xunta en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, quen agradeceu o convite das autoridades porteñas para que Galicia puidese participar neste proxecto. Ademais, destacou a presenza que ten hoxe en día a literatura galega nas bibliotecas públicas arxentinas. Hai xa un ano que se inaugurou a sección Rosalía de Castro nunha das bibliotecas públicas de Buenos Aires e o pasado mes de abril a Xunta entregou exemplares de libros galegos a outra de Mar del Plata.

A torre permanecerá instalada na praza San Martín de Buenos Aires ata o vindeiro 28 de maio. A partir dese día comezará o desarmado da obra, para o que se contará con representantes das diversas colectividades que conviven nesta cidade. Cada persoa poderá retirar un volume escrito no seu idioma materno.

Os exemplares sobrantes serán trasladados á sede da biblioteca Gálvez da capital arxentina, onde serán catalogados e integrarán a primeira biblioteca multilingüe da cidade porteña. O galego foi a primeira lingua estranxeira que contou cunha sección propia de libros nunha das bibliotecas da amplísima rede pública coa que conta a Municipalidade de Buenos Aires. A presenza galega tamén se deixou notar hai uns días na recente feira do libro celebrada na capital porteña.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_