Martes, 24/11/2009

ELPAÍS.COM Galicia

 

SUSO DE TORO LUCES

Namorarse dunha vaca

SUSO DE TORO 08/12/2006

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 votos
Imprimir   Enviar

CONFESEMOS O NOSO INFANTILISMO XERACIONAL os que defendemos utopías realizadas na terra. Tiñan algún defectiño a Unión Soviética, a China, Cuba, mesmo Albania. Sabiamolo, e así e todo defendiamos o seu carácter fundamentalmente benéfico: non había explotación capitalista. Agora vemos a máscara impasibel de Putin, Chechenia, Cáucaso todo, os xornalistas asasinados, Anna Politkóvskaya..., a profunda degradación moral á que conduce o autoritarismo (Non cuspamos para arriba).

La noticia en otros webs

POR SE FICASEN DÚBIDAS, LEASE Koba, o Temíbel, do Martin Amis. Nin a maior cegueira nin o maior cinismo fica enteiro logo de ler ese tremendo relatorio do inferno na terra soviético.

E EDITAN AO MARTIN AMIS (estes ingleses tristóns) en galego, ben, moi ben. Unha cultura, unha lingua que non é quen a recibir ao seu tempo está morta. A traducción da cultura toda do noso tempo á nosa lingua é imprescindíbel.

NON SÓ A LITERATURA, TAMÉN E ANTES DE COUSA NINGUNHA A CIENCIA, as tecnoloxías. E as páxinas de negocios. Sen iso non hai nada, non hai presente e non hai futuro. Sen iso, só representamos unha ficción, unha ficción literaria.

(PORQUE AFONSO IX, X NA LIÑAXE CASTELÁ, NON TIÑA RAZÓN. A nosa lingua non serve únicamente para contar chistes e para a poesía: en Portugal e no Brasil serve para todo. E aquí, se queremos e podemos, tamén. )

MAIS, QUE LEDICIA VER QUE SE TRADUCE E EDITA AO MESTRE BECKETT de Molloy. Todos escribimos, ou debemos escribir, despois do Beckett. De Beckett pouco dicir.

DE AUSTER SI, do Auster podemos dicir que tamén nos alegra lelo nesta lingua que non existe como tal, nesta lingua á que é tan difícil traducir pois hai que inventala. Leramos ao Paul Auster en portugués, en castelán, e agora en galego. Parabéns para o editor.

AI, E COMO CANSA O NOSO PAÍS. Agora que fóra (antes diciamos no extranxeiro, e que logo nos afixemos a andar por aí adiante) sinto o alivio de descansar da vida de un, do país de un. Todos fatigan, o noso máis.

PASO POR BREMEN logo de 7 anos. Fermoso como o frío.

PALABRAS PARA FALAR COAS VACAS: Daquela, unha mociña intelixente contárame que lle preguntara pola nosa lingua a un coñecido seu, fillo de galegos, e o rapaz contestara que eran palabras para falar coas vacas.

QUÉ SERIA DAQUELA MOCIÑA? QUE DAQUEL RAPAZ, agora un home, que levaba tanta rabia dentro? Tanta vergoña de si, tanto odio contra el propio e os seus. Galegos, raza maldita.

E QUE TERÁN TAMÉN CONTRA AS VACAS? Son tan lindas. Elegantes e mamíferas. Nada malo en namorarse dunha vaca. Se ela consinte, claro.

Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
07:21 Filipinas declara el estado de emergencia en dos provincias del sur del país
06:22 Detenidas 36 personas en el País Vasco y Navarra en una operación contra Segi
04:28 La apatía por la crisis política marca el cierre de campaña en Honduras
01:13 ERLICH
01:00 Djokovic bate a Davydenko en un partido largo e intenso
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)