_
_
_
_
_
Luces

Nova arroutada dos Diplomáticos

A banda coruñesa que fundou o movemento bravú vólvese xuntar en Allariz para o seu 20º aniversario

Volven "con 20 anos e kilos máis, pero coa mesma vehemencia en estado puro". "Saltar, saltaremos menos pero con máis intención", ironiza Xurxo Souto, o vocalista dos Diplomáticos de Monte Alto, aquel grupo coruñés fundamental do movemento bravú da década dos noventa que, cinco anos despois da súa disolución, regresa este sábado aos escenarios no festival Reperkusión de Allariz (Ourense). Unha nova arroutada para celebrar o 20º anniversario do nacemento daquela aventura dun grupo de "rapaciños" dun barrio popular e emblemático da Coruña que alberga a Torre de Hércules e que ten ganas de rock e festa.

E foilles ben. "Baixamos ao centro da Coruña e logo incluso cruzamos a ponte da Pasaxe", resume Souto ao recordar unha traxectoria de 15 anos (el estivo 10), catro discos, fusión e xiras con Manu Chao. Non chas quero, Fura futbolín, Tropa da Tralla ou Cajo na gripe, cajo na tos foron éxitos case inmediatos que aínda hoxe moitos mozos saben cantaruxar. "Rompemos os tópicos de que o rock en galego non funcionaba e moito menos nunha cidade como A Coruña, decían os gurús". Equivocáronse. Os Diplomáticos racharon. E pretenden este sábado celebrar os 20 anos do seu primer concerto recreando o mesmo ritmo de festa aloucada que nos seus inicios.

Para esta misión volveron xuntarse cinco dos fundadores: Souto (voz), Rómulo Sanjurjo (acordeón), Guni (guitarra), Mangüi (baixo) e Pulpiño Viascón (batería). Resucitar os Diplomáticos foi idea deste último, que tamén tocará ese mesma noite en Allariz con Jarbanzo Negro, outra banda da Coruña dos noventa xa desaparecida. De feito a idea é que os grupos, tras os seus concertos, rematen tocando xuntos unha fin de festa que promete ser endemoñada.

Todos os ex Diplomáticos seguen vencellados á música, con proxectos e grupos diversos como o dúo que forman Sanjurjo con Julián Hernández (Siniestro Total) ou o activo Viascón, virtuoso da batería e do serrón que forma parte, entre outras bandas, de Bonovo. Para o retorno dos Diplomáticos levan un mes de ensaios porque pretenden que, malia os anos e os kilos, ofrecer "hora e media de concerto sen deixar de saltar". Ao palco de Allariz volverán coa escencia bravú e os temas do seu primer disco, Arroutada pangalaica (1991), por ser "o máis inocente e orixinal, aquela primeira época en que mesturabamos rock, cancións mexicanas e pezas enxebres do folk galego". Será un concerto de aniversario único.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_