Jueves, 12/11/2009

ELPAÍS.COM Galicia

 

SUSO DE TORO LUCES

Outra vez, outro aqui

SUSO DE TORO 24/11/2006

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 85357 votos
Imprimir   Enviar

Botelha ao mar chamábase unha páxina web que botei a ese vacío cheo de mensaxes que é a Rede no ano 2000 (seis anos serán moitos anos ou serán poucos?)

Daquela non había blogs, eu nada máis pretendía ter algún lugar onde dicir, logo de que me vira expulsado de escribir en papel prensa. Nin sabía quen lería aquilo. Escribir naquel vacío non era exactamente un acto de comunicación, máis ben era rebelión e desesperación. Son enerxía para a expresión.

Agora hai este espazo no papel é hai que agradecelo, é tan valioso. Tan valioso é un cachiño de papel escrito ás veces que os inimigos da liberdade sempre irán a por el, prohibirano, queimarano, e tamén irán a por quen escriba alí, prohibirano, queimarano. Aí xace Anna Politkóvskaya.

Claro que, como é tan valioso e tan forte, tamén os inimigos da liberdade teñen os seus papeis. Os xornais, tantas veces un faro para a nosa liberdade como instrumentos para afogar ás persoas, ás sociedades.

Aí están esas cabeceiras xornalísticas madrileñas a protagonizar o odio da extrema dereita nacionalista española. Sementadores daquela mala herba da parábola cristiana que nos relataban na escola, o xoio (a "cizaña", que nos dicían en castelán).

A infancia é iso, os relatos que nos contaron. Mentiras moitas veces. A infancia son tamén os relatos que non nos contaron, ocultamentos moitas veces.

A infancia é o noso intento de comprender a nosa vida. É o relato que imos construindo pouco e pouco, esas preguntas dos nenos. Primeiro os protagonistas dos relatos son os pais, os irmáns, e logo acaba por ser un propio o protagonista. A soedade do protagonista, cada vida unha única película, un único relato. Unha película na que non pode entrar máis ninguén, cada un súa película protagonizada en solitario. Ata o The end.

Estaba eu en que esta botella é distinta daquelas de hai seis anos, pois vai en papel, con esperanza razoábel de poder ser lida por quen queira. E ten dimensión doméstica, pois a Rede non ten límites de distribución, de reparto, é global. E por iso escribía botella co "lh", o meu galego quería ser global. E por iso vai escrita esta botella con "ll", pois é o galego doméstico, autonómico. En fin, hai o que hai e somos os que somos.

Tamén ten sido peor, hai que lembrar iso tamén. Non teñamos soberbias. Imos facendo o que nos deixan e mais o que damos feito, máis nada. Ademais, aínda que un non acredite en academias (tampouco elas en min), temos aí unha que é nosa, e hai que mirar de respetala aínda que manteñamos os nosos desacordos.

E o presidente da Real Academia dixo "nación", e fixo ben, parabéns, e dixo ben tamén. Porque quixeron ser nación antes ca nós, quixemos selo nós e seguiremos a querer selo. Quen dixo que a lingua so é un instrumento morto e mineral? Está feito de todos nós, dos que quixeron ser, dos que quixemos ser e mais dos que seguiremos a querer ser.

Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 85357 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
13:39 El comentarista estadounidense Lou Dobbs renuncia a su puesto
13:38 Camps no está loco
13:25 Pasqua amenaza con "refrescar" la memoria de Chirac y Villepin
13:25 El menor del caso Marta abandona el centro de internamiento
13:24 Muere el fundador de calzados Mustang
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)