Miércoles, 30/12/2009

ELPAÍS.COM Galicia

 

Luces

Outros tres libriños d'O Moucho

'Foliadas...', 'Os nomes da terra' e 'Contos do pobo'

EL PAÍS 09/05/2008

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 votos
Imprimir   Enviar

Os libriños d'O Moucho regresan hoxe aos quioscos con Foliadas do gaiteiro, de Xoán Manuel Pintos Villar. Os volumes, reeditados en formato facsímile pola editorial Galaxia e EL PAÍS, saen á rúa polo prezo dun euro. Os nomes da terra, de Celso Baión (pseudónimo de Xosé María Álvarez Blázquez), venderáse o luns día 12 de maio, e Os contos do pobo, de Rosalía de Castro, o vindeiro mércores 14. O editor e escritor Xosé María Álvarez Blázquez, a quen homenaxea o Día das Letras Galegas deste ano, fundou a popular colección O Moucho na década dos 60.

La noticia en otros webs

Foliadas do gaiteiro é unha antoloxía de textos escolmados d' A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e ainda mais, unha das pezas chave dun dos chamados "precursores" do Rexurdimento, Pintos Villar. No limiar da edición d'O Moucho, orixinal de 1968, comparece unha cita da Historia da Literatura Galega de Carvalho Calero: "Pintos é realmente o gran precursor [...] Razón ten Cabanillas pra decir referíndose Á gaita gallega que 'este libro é a pedra de alicerce da nosa renacencia".

A primeira edición d'Os nomes da terra, recolleita e prólogo asinados por Celso Baión, data de 1975 e trata "a interpretación popular das etimoloxías toponímicas". Para Álvarez Blázquez, "aí se manifesta o desenrolo da fantasía especulativa do pobo". En Contos do pobo, edición orixinal n'O Moucho de 1970, Álvarez Blázquez xuntou "algunhas das máis caracterizadas mostras de humor rosalían". Trátase de tres relatos nos que se acha "a esencia do humorismo popular": Dous amigos e a viuda, ¡Adiante co varal! e ¡A pobriña está xorda...!, un en prosa e dous en verso.


Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
00:36 Nueva etapa en la guerra autonomista de Bolivia
00:29 RAMÓN
00:29 Uvas amargas en México
00:29 El compromiso de Lula
00:26 El ADN decidirá si los hijos de la dueña de 'Clarín' fueron bebés robados por la dictadura
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)