_
_
_
_
_
Luces

Pontevedra celebra o bicentenario de Xoan M. Pintos

Este ano cúmprense 200 do nacemento de Xoán Manuel Pintos (Pontevedra, 1811 - Vigo, 1876), un dos máis importantes precursores do Rexurdimento. Pintos é recoñecido fundamentalmente por A gaita gallega (1853), "un método de aprendizaxe do idioma, en última instancia", segundo a académica Rosario Álvarez, experto na obra do autor. A cidade do Lérez celebra a súa figura cunha serie de actos que se prolongarán durante 12 meses. O primeiro, mañá, no Teatro Principal, cunha homenaxe do Concello á que asistirán varios membros da Real Academia Galega.

Nado nunha familia burguesa, Pintos introduciu na súa obra, cuxo título completo é A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis, o gaiteiro, que explica ó seu interlocutor o idioma misturando verso e prosa e comentando a situación social e económica de Galicia. "Sabe que defender o galego a ultranza nun ambiente no que a xente non o utiliza pode crearlle problemas", explica o académico Alonso Montero. "Decide non asinar os seus poemas; faino o gaiteiro, a quen a xente percibe mellor e con máis autenticidade. A impostura de que un profesor de latín ou un xuíz [cargos que Pintos exerceu alternativamente] defendese o galego non lla perdoarían", argumenta o acádemico. O gaiteiro, pola contra, "simboliza as esencias patrias populares e polo tanto fala en galego". "Aínda que non tiña o talento de Rosalía ou Curros, si tiña unha visión da problemática da lingua que non posuía ninguén na súa época", explica, "e n'A gaita gallega atópanse os dous primeiros sonetos da literatura galega moderna".

Defensa da lingua

Na opinión de Álvarez, Pintos ten máis importancia na historia da lingua que na da literatura. "El marca o inicio do Rexurdimento, cun ideario de defensa de promoción da lingua moi sólido e moderno", aduce. Tamén apunta a súa defensa da orixe latina do galego. "A todos nos parece obvio agora que o galego e fillo do latín, pero daquela aínda se debatían outras orixes. O importante é que os eixos que marca poderíamos subscribilos hoxe: aí está tamén a súa grandeza", indica. Tamén salienta Álvarez a orixe pontevedresa de Pintos, e o seu vínculo con Frei Martín Sarmiento. "El mira para a tradición dos grandes escritores, e atopa a Sarmiento como unha fonte espléndida".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_