Sabendo que hai un drama elaborado
Que facía Ela mentres ti escribías? O mesmo poema de amor e enfermidade, cortando os versos cunha navalla repetida, case co mesmo ritmo. Na miña película Ela da un golpe cun martelo dentro da túa cabeza, conta dous, da outro e prodúcese o salto de liña. A veces non. A veces rebélaste. Valente. Celan. Bernhard. Os sulcos vermellos de todo o que escribiches. Como explicar que se incendiaban o corpo e o que el podería. Que afogaba Londres e vivías xunto ao río. Construías o poema para amarrar verdade? "A néboa en Monforte fumadora de opio / é a nai de siluetas furtivas". Que querías das palabras? "A exactitude da casa que queimas".
Os primeiros sonme diferentes. Alan?s psychedelic breakfast: "Porque / no ritmo das campás ¿será inútil reflexarse?". Abro o libro que non chegaches a ver e titularon Poemas para unha loia e a cabeza inventa acenos previos a que poses, con esa cara chupada e sen mirar de fronte, para Vari Caramés. Foi moita a atrocity exhibition? "Todos quixeran ver despois da orxía / se o que levo gardado é un pensamento / enfiado en agullas de ironía".
Nomear o mal serve para mantelo a raia? "Nunca perdín esa necesidade de sentirme molesto e radical"
Souben dalgunha xente da que andaba contigo, da que non sae nin escribe na prensa. Eran imaxes nunha pantalla. Pensei en que falaban deles a propósito de ti. Foi un día na Casa da Atochas, un centro social autoxestionado que resiste na Coruña. Foi nas Letras de 2009, as de Ramón Piñeiro, e lembro que se falou de se che dedicarían o día a ti ou non e de se estaría ben ou non. Non lembro qué dixemos. Estiveches nalgunha casa ocupada en Berlín? "Kreuzberg con fame de Kebab paseando libres / á sombra do Muro coira vodka e Pogo / demolición alternativa en revolta eficaz / O cheiro acedo de suor a sono ferroviario ás cinco / da mañá / con frías de dúas noites e dous días en mono de metal".
Hai pouco escoitei a túa voz. Nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega antes de morrer en 1996. Ese falar sen présa, as pausas que dan quentura e nó no estómago ao mesmo tempo. A calma cando dis saír vivo aproveitando calquera minuto da vida. Os xornais trazan a túa biografía e sorpréndome matinando se podías ver un filme sen pensar cómo quedaría dobrado ao galego. Reléote e contra a morte veñen as preguntas. Estampaches algún coche? As patacas non sabían como antes? Todo amor é inútil? Nomear o mal serve para mantelo a raia? "Nunca perdín despois de tantos anos esa necesidade de sentirme sempre molesto e radical".
Segue xirando a roda hidráulica da cíclica historia universal da infamia. A Unión Europea da cobertura a vixilancia e recolección sistemática de datos persoais de calquera cidadán sospeitoso de experimentar un proceso de radicalización. Lendo o último texto que publicaches, esa intención de irlle á raíz ao desacougo, esa Modesta proposta a reunciar a facer xirar a roda... pregunto se algunha vez te soubeches na liña de fronte. A ti que che dixeron poeta punk ou escritor de culto. Ti que gustabas da gratuidade da beleza. Seguiches a Eric Rohmer. Escribiches mil veces a palabra amor. De que parte estás? "Obrigado a loitar polo evidente / cunha serea furia / antiga e sabia".
O último libro de Xiana Arias Rego, poeta e xornalista, é Acusación (Galaxia, 2009)
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
El jugador del Algeciras Èric Montes deja el fútbol a los 27 años por salud mental: “Cuando me rompí la rodilla, fue de mis mejores momentos”
El ultranacionalismo ruso, enardecido por el asesinato de ‘Español’, el comandante de los hooligans
Almeida pasa el rodillo para aprobar los presupuestos con tres enmiendas a la totalidad
Las empresas concentran el 8% de los bienes residenciales de Barcelona
Lo más visto
- Lotería de Navidad 2025, en directo | 79432, el Gordo de la Lotería de Navidad
- Así te hemos contado las elecciones en Extremadura | El PP gana en Extremadura con 29 escaños, pero necesitará para gobernar a un Vox que crece
- Comprobar Lotería de Navidad 2025: consulta la pedrea con los números premiados
- Los jueces del Tribunal Penal Internacional se rebelan ante las sanciones de Trump: “No hay que ceder”
- Oona Chaplin: “Le conté a James Cameron que vivía en una cabaña en los árboles y que estaba iniciando un proyecto de permacultura con una amiga”




























































