_
_
_
_
_
Luces

O Sindicato de Directores de EE UU premia a un galego

"Hai más de nove millóns vivindo nos Estados Unidos. Arriscan a súa vida por chegar a este país. Non os odiamos. Soamente os queremos fóra do noso país". Con estas palabras anuncia o tráiler de Escape, unha curta do compostelán Andrés Rosende, a historia de dous latinos, Alicia e Guillermo, en situación irregular en Estados Unidos e, por se fora pouco, vampiros. O filme de Rosende vén de facerse cun dos premios do Sindicto de Directores de América á mellor obra cinematógrafica de estudantes latinos. O Director's Guild of America Student Film Award recoñece o labor de directores novos que residen en Estados Unidos e forman parte das minorías latina, afroamericana e asiática. Rosende recollerá o premio -2.500 dólares, uns 1.800 euros- o martes da semana que vén.

Os chuchasangues sen papeis -detrás dos que se recoñece o drama de moitos inmigrantes irregulares que entran en territorio estadounidense a través da fronteira mexicana- agóchanse nunha casa abandonada para escapar da persecución da policía americana. "Desgraciadamente, os americanos non aceptan esta raza que ven a 'chuchar o sangue' do país", explica Rosende.

Non é esta a primeira película que o director compostelán realiza en Estados Unidos. O seu anterior traballo, Snapshots (2009) -unha amalgama de sete historias de amor na cidade de Nova York-, estreouse no South by Southwest, un certame de cinema e música que se celebra en Texas. Rosende reside dende 2006 en Nova York, onde realiza estudos de mestrado sobre dirección cinematográfica na Universidade de Columbia. O ano que vén, Rosende, bolseiro da Fundación Barrié de la Maza, comezará a rodar unha nova película, Mr Bear, que será tamén o seu traballo de fin de mestrado en Columbia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_