_
_
_
_
_
Luces

Tamara Canosa e Chete Lere trunfan na gala do cine

O sector reclama que o cambio na Xunta non mude a política de axudas

Ao ritmo trepidante de Lamatumbá, arrincou a terceira edición dos premios Mestre Mateo nun Pazo da Cultura, en Pontevedra, onde apenas collían os 700 convidados. Os artistas de Pista Catro amainaron os nervos dos nominados interactuando nos corredores, sacando fotos e botando laca ao persoal. Foi o preludio dunha gala que atinou no tono e na posta en escea, onde a comicidade de Morris e Manquiña encaixou co dinamismo de Sergio Zearreta, que brilou e non só polo chaqué dourado e a chisteira.

A gran gala do cine galego, que aínda non rematara ao peche desta edición, premiou, como se agardaba, a algunhas das obras con máis nominacións. Por enriba de todas, con 19, estaba Os mortos van présa, de Ángel de la Cruz. Entre outros, recibiu o galardón ao mellor actor, que foi para Chete Lera, o de mellor actriz de reparto, para Belén Constenla, quen competía con tres compañeiras do elenco da mesma película, e o de mellor vestiario. Como mellor actriz principal foi escollida Tamara Canosa polo seu papel no filme Pradolongo.

Alfonso Zarauza levou os premios ao mellor director e guionista

Sen embargo, o premio para o director máis destacado do ano foi para Alfonso Zarauza por La noche que dejó de llover, tamén mellor guionista. Zarauza non estaba entre o público e o premio recolleuno no seu nome o actor Luís Tosar, quen se viu obrigado a improvisar o discurso de agradecemento á Academia do Audiovisual pola súa distinción. O galardón de honra Fernando Rey foi, como se dixo na presentación, para un representante "dos que están detrás dos que están detrás", o decorador Suso Montero.

Houbo tamén mloitos premios para series de televisión, entre eles O país dos ananos ou Padre Casares. Como mellor programa do ano na Televisión de Galicia foi escollido Hai que mollarse.

A crise non se nota

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Foi a festa do audiovisual galego "porque insistimos", azuzou Zearreta quen, ao estilo máis típicamente circense, deslizouse polos andamiaxes do escenario para lembrar que "a pesar da crise, éste é un dos mellores anos do audiovisual de Galicia". Tiña motivos para elevar o tono a case revindicativo: o 2008 deixa tras de sí unha chea de documentais, programas de televisión, longametraxes e curtas. Namentres, Pista Catro deslizaba ao aire un "cinco por cento, cinco por cento...". Quizais unha mensaxe da que tomou nota o novo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, sentado a pé de esceario. Chamadas dende a tarima dos premiados que reclamaron o seu dereito a traballar e tamén a liberdade "para escoller". O debate sobre o bilingüismo chegou ata os micrófonos da gala. E a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, aproveitou para pedir que "a alternancia democrática no goberno" non afecte á política de axuda ao cine.

Entre pausa e pausa da gala, que foi retransmitida en directo pola Televisión de Galicia, houbo quen aproveitou para botar unha foto, como o cómico estradense Isi con María Castro. Entre eses rostros coñecidos, tamén se atopaba Ernesto Chao (galardoado na anterior edición co premio de honra), os actores Luis Tosar ou Neus Asensi; o coordinador da Axenxia Audiovisual Galega, Manolo González; o director de Praddolongo, Ignacio Vilar; a xerente do Cluster, Carla Reyes; o director da SGAE en Galicia, Javier Vidal ou o director e guionista Enrique Nicanor.

A primeira ovación da noite, salpicada de sketchs que puxeron de manifesto a retranca galega, chegou coa mención de Padre Casares e d' Os mortos van á presa, unha das favoritas con 19 nominacións e que, sen dúbida, vivíu a súa noite. Sen embargo, foi o desaparecido Eloi Lozano, quen propiciou un dos momentos máis emotivos da noite.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_