_
_
_
_
_
Luces

Teatro do Atlántico cumpre anos con Chèjov

"As celebracións preséntanse complicadas este ano", segundo recoñecía o director de Teatro do Atlántico, Xulio Lago, na súa valoración da política cultural do novo Goberno. Con 25 anos ás costas, Teatro do Atlántico remata 2009 no Teatro Principal, en Santiago, con dúas representacións -onte e hoxe- d? O xogo de Yalta. Afterplay, dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel sobre textos de Chèjov. No mesmo espectáculo, o primeiro é unha dramatización de Relato de dama con canciño. En Afterplay reúnense, dúas décadas despois, o Andrei de Tres irmáns coa Sonia de Tío Vania.

Na adaptación de Goretti Sanmartín, con escenografía de Rodrigo Roel e un elenco de cinco actores -Xavier Constenla, Victoria Pérez, Damián Contreras, María Barcala e Gonzalo M. Uriarte-, o espectáculo de Teatro do Atlántico quere recuperar o espírito de Friel, sempre disposto a escribir sobre personaxes de Chèjov, coas necesidades da dramaturxia actual. Se O xogo de Yalta comeza cun viaxe de pracer e acaba nos abismos amorosos do século posromántico, a disposición dos personaxes de Afterplay é outra: a necesidade de reconverter unha plantación de cereais noutra de eucaliptos une nun café de Moscú a Sónia Serebriakowa co afoutado violinista Andrei Prokorov. Traxedia e comedia.

Tras estrear O xogo de Yalta. Afterplay en Narón, a obra pasou xa por Cangas e Ourense. O novo ano traerálle novas angueiras a Xulio Lago. O director vigués, que en novembro comezou os ensaios d?As actas escuras para o Centro Dramático Galego, terá que rematar o traballo no primeiro trimestre de 2010. A falta de publicarse as bases do concurso para elixir o novo director do CDG, a promesa de Cultura é que o novo director se coñecería a comezos de ano.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_