_
_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Territorio fotográfico

As galerías galegas estrean a tempada cunha oferta heteroxénea na que se atopan artistas consagrados e mozos coma Ucieda e Trastoy

O soporte fotográfico é o gran protagonista dos novos contidos das galerías e pequenos centros de arte do país, que están a renovar as súas exposicións tralo longo período estival. Grandes nomes da fotografía española coma Alberto García-Alix e Isabel Muñoz mestúranse con novos valores coma a portuguesa Carla Cabanas e o galego Damián Ucieda. Tamén hai espazos para a pintura, con exposicións adicadas a artistas coma Darío Basso ou Carlos Maño, e á instalación na que sobresae a mostra protagonizada por Mauro Trastoy.

O ciclo PhotoGalicia, que inclúe cinco exposicións ao longo do outono, abriuse esta semana no Café Moderno de Pontevedra coa exposición Tres vídeos tristes, que inclúe traballos en fotografía e vídeo de Alberto García-Alix. Pola súa banda, o Museo Provincial de Lugo abriu tamén nestes días a mostra Os corpos como territorio na que escultura e fotografía se mesturan grazas á maestría técnica no uso da luz da fotógrafa Isabel Muñoz, unha muller que se convertiu nunha habitual das salas de exposicións de Galicia.

A galería Sargadelos de Santiago tamén presta atención á fotografía con dúas exposicións individuais dentro do ciclo Diálogos ibéricos. Nas instantáneas da artista lusa Carla Cabanas hai unha procura dos valores inherentes ao abstracto no cotiá. O seu ollar é húmido e bañado por unha luz difusa que conforma atmósferas que nos convidan á viaxe. O coruñés Damián Ucieda aposta por crear unha fisura perceptiva no espectador. Retrata os seus seres máis cercanos para transformar en atractivo e misterioso o rutinario. A artista vasca Itziar Okariz, que se move no terreo da crítica social, presenta na galeria viguesa Ad Hoc unha serie de fotografías na que pode verse a unha muller escalando diversos edificios.

O pintor Darío Basso expón na galería SCQ de Santiago unha ducia de lienzos recentes nos que fai unha viaxe a través do tempo e da súa propia pintura. Basso reproduce a iconografía que xa empregou nos anos 80 (círculos concéntricos, formas dentadas, pegadas) e aplica a pintura en grosas capas de xeito que os cadros teñen unha apariencia moi densa.

A riqueza cromática é unha das características das obras do pintor aragonés Carlos Maño, cunha obra que ten evidentes influenzas da arte pop e tamén referentes cinematográficos, teatrais e fotográficos. A súa serie de cadros titulada Iconografías II pode verse na galería coruñesa Ana Vilaseco.

O ferrolán Mauro Trastoy, un artista que acostuma a moverse no terreo da provocación e a ironía, converteu a sala C de Santiago nunha mancha de puntos. A intervención encádrase dentro do movemento Sufato (SuperaFavordeTodo) que encabeza o propio artista e que se distingue polo cuestionamento das formas de poder.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Tamén en Santiago, a Fundación Granell acolle unha mostra adicada aos artistas holandeses Elizé Bleys e Rick Lina. O surrealismo é o terreo no que se moven ámbolos dous creadores, aínda que a primeira utiliza a cerámica coma medio de expresión mentras que Lina se move no terreo da pintura.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_