_
_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Torero, Carlos Velo

Vexo na segunda canle da TVG, Torero, o filme do noso Carlos Velo, un cineasta que sobreviviu ao terror fascista fuxindo ao exilio en México. Velo tivo o privilexio de adaptar ao cinema o romance Pedro Páramo. É un filme sorprendente, excelente. Velo foi quen a retratar que cousa é a tauromaquia como ninguén, sempre a ollada máis lúcida é a que ve desde fóra: un galego moderno e de esquerdas analiza coa ollada máis comprensiva o mundo da pobreza mexicana, as ilusións por redimir a pobreza, e tamén a grave ritualidade do toreo. Verdadeiramente a cousa é pavera, cando a dereita nacionalista española fai campaña coas corridas de touros resulta que foi un nacionalista galego de esquerdas o que fixo a mellor e máis honrada introducción a esa ceremonia refinada e cruel. Tortura animal e drama persoal. Porén, tamén resulta paradoxal para o nacionalismo galego, pois vai xustamente en contra do eu imaxinario (que resume a súa crítica á festa dos touros con humor no debuxo de Castelao: "Lástima de bois!").

Mais, coa ritualidade foi co que me quedei a darlle voltas. Logo de vestir paso a paso o complexo traxe de matador, alí sae o home. Esa estampa de home ambiguo, vestido como de muller, sempre lle pareceu a un ridícula. Aínda hoxe resulta doado separarse da imaxe e rir desa vestimenta cursi e absurda. Pero non é acertado. Non pode ser xusto, pois ese home que camiña teso e desafía ao animal pode resultar ferido ou morrer. E el sábeo, así, ese é un trance que merece consideración e respeto. E a súa vestimenta e o neurótico ritual previo responde á trascendencia do momento. É serio, é grave.

A tauromaquia conserva a valoración polo ritual que aínda pervive nalgunhas relixións. Prácticamente desapareceu do cristianismo protestante e pouco e pouco esváese do catolicismo. Das divinas palabras e as misteriosas manipulacións que facía o sacerdote de costas á comunidade e ollando directamente a Deus pasouse a utilizar a lingua do estado e a resumir e facer menos escuro o ceremonial da misa, ollando de frente á comunidade. As liturxias, as ceremonias e os ritos son cousas custionadas pola modernidade e que non aturan a ollada irónica moderna.

Nin a ollada moderna nin tampouco a ollada galega, pois somos tan irónicos que mesmo acabamos por ser cínicos. Dalgún xeito esta nosa sociedade, por poderosos motivos históricos e socioeconómicos, evoluciona cara a descrenza máis absoluta. A descrenza en todo, a relativización de todo, a ausencia de referentes públicos e simbólicos respectados. Deixamos atrás o noso pasado a todo correr, queremos esquecer de vez quen somos e incorporámonos ao novo mundo: o mercado. Estamos a formar unha sociedade descrida de todo e sen respecto por cousa ningunha, empezando por nós mesmos.

Esa extrema ritualidade da tauromaquia condúceme a pensar na nosa total falta de respecto pola tradición. Se desprezar a propia identidade é o que pide o moderno mercado, nós somos os máis guiados e obedientes a esa esixencia.

Deixo quedar agora as consideracións sobre se está ben ou non tal trato a ese animal, deixo estar se iso é un espectáculo formativo, se é hixiénico, se cheira ou non. O que interesa é esa presenza tan viva dunha cerimonia que celebra un rito mortal. E contemplando a figura do toureiro, que é vivida con toda seriedade pola xente que forma parte dese mundo, penso que unha cousa semellante é impensábel entre nós. Os galegos temos tanto sentido do ridículo, somos tan irónicos, somos tan listos e tan modernos. Temos tanta vergoña. Abonda dicir que a palabra para chamar a unha figura que debera ser reverenciada, gaiteiro, ten un sentido desprezativo. "Anda de aí, gaiteiro!"."É unha mona gaiteira". Eses somos nós, tremendamente listos. Non como esoutra xentalla.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_