_
_
_
_
_
Luces

Unha mostra en Santiago recupera a figura de Asorey

Na exposición hai pezas esenciais dos anos vinte e trinta

A fundación Torrente Ballester de Santiago abriu onte unha exposición con pezas mestras do escultor cambadés Francisco Asorey, do que neste 2011 se cumpre o 50 cabodano do seu pasamento. A mostra presentouse con anterioridade na localidade natal do escultor, aínda que agora incorpora algunha peza máis.

O comisario da exposición é o director da Fundación Torrente, Miguel Fernández-Cid, quen explicou que o obxectivo da mostra é o de promover o interese do espectador pola obra dun escultor "extremadamente mal coñecido" por parte do gran público. Moita xente non sabe que Asorey conta cunha importante obra pública, coma o monumento a San Francisco instalado moi preto do lugar onde pode verse a exposición actual ou os monumentos ao aviador Joaquín Loriga e ao astrónomo Ramón María Aller, ambos os dous instalados en Lalín.

A mostra reúne 14 esculturas de Asorey entre as que se atopan algunhas das súas obras esenciais, realizadas en madeira e policromadas nos anos 20 e principios dos 30. Este é o caso de Picariña (1920), Ofrenda a San Ramón (1923), San Francisco (1926) ou A nai de Dor (1931). A obra en que reproduce a figura de San Francisco foi incorporada especialmente a exposición en Santiago e forma parte dos fondos do Museo Reina Sofía de Madrid e A nai de Dor exhíbese por primeira vez en Galicia.

Fernández-Cid sinala que a figura de Asorey foi inicialmente vencellada ao renovamento da arte galega e ao arranque do nacionalismo cultural pero, posteriormente, foi censurado por aceptar encargos do franquismo. O comisario apunta que unha relectura sen complexos dalgunhas das súas obras permite descubrir a un escultor sobrio, que ollaba con interese os grandes momentos da escultura, pero tamén achegaba solucións propias da pintura ou a arquitectura para integralas nun proxecto extremadamente complexo.

Ademais das pezas en madeira ou escaiola, a exposición complétase cunha serie de 20 fotografías en gran formato no que se recollen os cinco monumentos máis importantes realizados por Asorey. Tamén se exhiben nove fotografías de Ksado nas que aperece reflectido o escultor no seu taller e un documental no que se repasa a traxectoria vital do escultor. Fernández-Cid apuntou que está ben que este tipo de exposicións impliquen un compromiso de restauración do patrimonio e engadiu que debe ser a antesala dunha gran exposición dedicada a Asorey que "sen dúbida debe realizarse en Galicia".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_