_
_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A cámara dixital

Ao primeiro non se daba aclarado coa cámara dixital. Confiaran nela para un traballo que lle gustaba, tiña a oportunidade de documentar un acontecemento do que calquera outro medio non querería falar, e ela non se aclaraba coa cámara. A que usaba normalmente era analóxica, porque ela non cría naqueles trebellos modernos, cando menos non para as cousas serias. A tecnoloxía dixital estaba ben para escoitar música no mp3 ou para falar por teléfono, pero o de facer fotos e velas ao momento na pantalla da cámara quitáballe a arte toda. O profesor de fotografía do instituto dixéralles unha vez que a alma das imaxes que retrataban quedaba prendida no negativo, por iso ela sempre fora reticente co tema da cámara dixital, por iso e porque unha parte vergoñenta da súa consciencia sabía que a razón de que se dedicase á fotografía de forma profesional había que procurala nun capricho adolescente co profesor do instituto.

Así que a cámara aquela non lle chistaba moito, pero para cubrir noticias non lle quedaba outra, non se ían escarallar nin nada na redacción como chegase logo da mani dicindo que aínda tiña que revelar as fotos, agardar a que secasen e despois escanealas, e cunha pouca sorte podían estar colgadas na páxina web para o día seguinte. A información xa non era información se non era inmediata, era unha sorte que o avó fose moito máis consciente ca ela da verdade que agochaba esa frase, porque de non ser por el había estar sen cámara dixital e sen traballo. Contara na redacción que el lle prestara os cartos para mercala, pero o certo era que a levara a tenda practicamente pola orella, discutira co dependente pros e contras, e el mesmo elixira o modelo que a súa neta había levar para documentar as novas.

Acendeu a cámara, o avó había estar orgulloso. Ollou arredor. A uns 50 metros, parapetados detrás da barreira policial, estaban os outros fotógrafos, coa acreditación de prensa colgando do pescozo co nome dos distintos xornais ben visíbel, como un salvoconducto. Enfocaban os manifestantes do fondo, que berraban e lanzaban todo o que tiñan a man. Loitou co zoom até que conseguiu enfocar o que había entre uns e outros. As porras mallaban nas costas de media ducia de mozos deitados no chan, as pedras e as botellas caían a uns metros deles, mais non conseguían disuadir ás forzas da orde . Tiña que recoñecerlle á cámara as súas vantaxes, podía sacar unha secuencia enteira de fotos en segundos.

Unha man agarrouna polo brazo e quitoulle a cámara antes de que puidese abrir a boca.

-Que fas? Son xornalista! Estou acreditada! - amosoulle o carné ao axente.

- Muller... é que traballades para cada medio que non sei despois de que vos queixades...

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

A cámara que lle mercara o avó deu no chan con pouco rebumbio. A bota enorme esnaquizouna sen esforzo.

Ela ficou no medio da revolta, pensando se o avoíño sería tan xentil de pagar tamén o xuízo e a multa.

A última novela de Patricia Janeiro é A perspectiva desde a porta (Edicións Positivas)

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_