_
_
_
_
_
GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A carta de amor/morte de Pepe a Angelina

Manuel Rivas

Minutos antes de ser fusilado, o 8 de febreiro de 1937, Pepe Domínguez escribiu unha carta, con bela caligrafía, dirixida á súa amada Angelina. Sorprende a letra ben labrada, de pendolista, e o pulso, a rectitude e a contención dos regos no papel, tendo como teñen por linde o abismo. Isto é o que dicía:

Señorita Angelina Estévez

Leirado-Barral

Apreciable Angelina. Una circunstancia trágica me arrebata la vida en lo mejor, nada valieron los esfuerzos hechos ni la defensa, pues todo estaba previsto de antemano, pues á pesar de ser inocente como se demostró, ¡todo ha sido en vano! no son precisamente los hechos que yo haya cometido, los que me hacen pasar á mejor vida, sino las falsas acusaciones de que fui objeto por parte de los esbirros de Salvatierra, que me colocaron a la cabeza del movimiento para buscar mi eliminación.

Vemos o cranio de Angelina rapado por ser 'roxa'. É unha cabeza fermosa, de Brancusi

Pueden estar tranquilos los que han conseguido lo que deseaban siendo el proceso de Salvatierra el más innoble, el más injusto de todos cuantos se han llevado á cabo, en él que perecieron innecesariamente 10 compañeros valientes y abnegados, que saben ofrendar la vida por una causa noble justa y humana que las generaciones venideras habrán de respetar y recordar con profundo respeto.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Así lo creemos y así lo esperamos los que llevados del afán de justicia y liberación de los pueblos, hemos entregado lo mejor y hemos ofrendado nuestras vidas en 'olocausto' de un mundo mejor, nada hay tan bello ni tan sublime, cuando se muere con la conciencia del deber cumplido.

Lo que más lamento es que todas mis ilusiones se acaban de manera tan injusta, en aquellos momentos en que tenía puesta toda mi fe, toda mi alma en ti y en causa tan noblemente perseguida!...

De cualquier manera, tu estás llamada a ser feliz, eres joven, eres valiente y buena por eso lo mereces y yo así lo deseo de todo corazón.

Sólo deseo que conserves un grato recuerdo de aquel humilde servidor que mucho te ha querido y que lleva á la tumba tu imagen querida!

Si bien es cierto que nuestras relaciones fueron fugaces, no habremos por eso de querernos menos.

Suceda lo que suceda en tu vida, muéstrate siempre orgullosa de haber tenido un novio que aún que pobre y de humilde cuna ha sabido ser un valiente en todas las circunstancias de la vida.

Por último mi querida Angelina, deseo que guardes estas letras mal pergeñadas y de tanto en tanto le pases la vista por encima para recordar este triste episodio.

Te pido también como noble compañera que sepas vengarnos cuando las circunstancias te lo permitan pues confío en tu valor y en tu ideal.

Sed valiente, sed generosa con quien debas serlo, pero muéstrate impasible con aquellos que pegan la puñalada trapera...

Saluda en mí nombre á todas las compañeras y compañeros y diles que mantengan el fuego incentivo en lo más hondo del corazón para la culminación del ideal que se persigue.

Que seas muy feliz es cuanto te deseo.

Tuyo eternamente.

José Domínguez González.

Cárcel de Vigo 8/02/37

Non fai falta cualificar a carta de especial. Nesas circunstancias, calquera palabra, calquera trazo, é unha pegada para a humanidade. Isto é así. Mais na carta de Pepe a Angelina atopamos un faiscar, unha emulsión, que a fai aínda máis especial. Un espectrograma da humanidade. Un documento que fixa a luz. Aí vemos a Angelina, da aldea de Leirado, no intre de recibila. Vemos o seu cranio rapado por ser roxa ou moza dun roxo. É unha cabeza fermosa, semella modelada por Brancusi, mais naqueles días todo conspira para facer dela unha muller fea. Vemos a Pepe Domínguez transmitir a noticia da súa propia morte. Mais non soamente vemos a eles dous. Aí está introducida a verba olocausto, sen hache, en construción, como unha terríbel intuición da linguaxe. Sentimos renxer arredor das vidas o mecanismo fatal do fanatismo, roldar o agoiro da Apocalipse, "as rodas dentro das rodas". Pepe Domínguez non se fai ningunha ilusión. Está claro que non agarda ningún milagre. Tampouco está para bromas, como aquel personaxe que tivo a valentía humorística de berrar aos executores: "O médico prohibiu que me entrasen balas no corpo!". El xa morreu. Que pasa entón coa carta de Pepe a Angelina? Pasa que, malia todo, a súa é unha despedida que se abre ao porvir. Mesmo vese mesmo no reviritar vexetal das letras, nese gabear de hedreira polo muro do tempo.

Quen era Pepe Domínguez? Marchara a emigración de rapaz. A Bos Aires. Alí, ademais de traballar, estudou. E apuntouse para sempre ao que poderíamos chamar o partido dos dereitos humanos. Retornou a Galicia coa proclamación da República. O golpe do 36 sorpréndeo traballando como secretario do alcalde de Salvaterra, o socialista Mariño. Cando comezou a cacería humana, o alcalde conseguiu pasar a Portugal e fuxir a América, por mor dunha mediación de Valentín Paz-Andrade. Mais a Pepe Domínguez dixéronlle que non tiña de que preocuparse. Non era inimigo de ninguén. A carta foi escrita no antigo cárcere de Vigo, na rúa Princesa. Angelina gardou esa carta agochada durante moitos anos. Moitos. Non lla mostrou a ninguén. Tivo un fillo dunha relación. Non casou. Un día, cando xa era unha muller maior, un novo párroco, un tal Leiras, chamouna á reitoral. Cando acudiu, o crego pechou a porta e meteulle un susto do demo: "É certo que vostede foi noiva dun comunista? E non ten vergoña de andar polo mundo?". Por iso, aínda que dixeran que as cousas estaban a cambiar, ela non podía crelo. Ademais, que carallo, era certo. Pepe Domínguez seguía sendo o seu mozo.

Que sería da carta cando ela non vivise? Alguén tiña que custodiala. Non fora escrita para que rilaran a couza, os ratos ou o tempo. O linda e valente que era a carta. A boa letra, o estilo que tiña! A xente non o sabía, mais ela estaba a estudar a xente. Unha por unha. Até que Angelina atopou a persoa. Un veciño máis novo, dun lugar próximo, Meder, chamado Antonio Alonso Fontán. Angelina sabía que podía confiar neste home. Tiña a proba definitiva. En 1968 entrou preso por loitar contra a ditadura. E o cárcere no que estaba era o cárcere no que escribiu a carta de amor e despedida Pepe Domínguez. O que recorda Antonio Alonso Fontán e que Angelina se presentou na casa da súa nai, entregoulle a el a carta sen que ninguén os vira e marchou chorando. E a el, que non é home de medo, treméronlle as pernas.

O antigo cárcere de Vigo é hoxe un Museo de Arte Contemporánea, o MARCO. Posiblemente, a mellor nave artística que ten hoxe Galicia. Hai ideas, hai xestión. Con cada iniciativa medra o seu prestixio internacional. Este venres, día 20, inaugúrase a mostra O medio é o museo. Outro paso adiante, outra aposta de rigoroso risco. As olladas máis avanzadas e inquietas da aldea global mirarán a Vigo. Os comisarios, Pablo Fanego e Pedro de Llano, arrincaron o proceso preguntándose sobre a función actual dun museo na cultura contemporánea, a relación dos artistas e do público con ese espazo, e a cuestión do verdadeiro "valor" na obra artística.

Unha das participantes é María Eichhorn (Bamberg, 1962), vangarda da vangarda en Alemaña. Foi ela quen tivo noticia por Carlos Núñez (o pai do músico, tamén preso naquel cárcere) e por Alonso Montero, da existencia da carta de Pepe a Angelina. E foi ela, María, que propuxo convertela no centro da exposición. Ben sabía Angelina que esa carta non tiña prezo.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_