Domingo, 29/11/2009

ELPAÍS.COM Galicia

 

A conexión galega de Miles Davis

D. SALGADO - Santiago - 23/05/2008

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 votos
Imprimir   Enviar

Miles Davis titulou Esbozos de España o seu 29º elepé. Editado en 1960 e arranxado por Gil Evans, igual que Porgy and Bess ou Miles ahead, Sketches of Spain pescuda na música ibérica de raíz arábica e mesmo no repertorio clásico. Concierto de Aranjuez ou Saeta son pezas incluídas polo trompetista afroamericano na gravación. Pero é o corte The pan piper onde se estabelece a conexión galaica de Davis: a melodía tradicional Alborada de Vigo constitúe a base sobre a que colaboran Evans e Davis.

La noticia en otros webs

O traxecto que percorreu o músico de Saint Louis até chegar á tradición galega pasa polo antropólogo musical Alan Lomax. Nado en 1915 e morto hai 6 anos, Lomax viaxou pola Península Ibérica en 1951, cando vivía exiliado do macarthysmo en Londres, para recoller material sonoro en Euskadi, Cataluña ou Andalucía. "Todo son cuarteis poeirentos, bandalleiros, co mesmo cartel sobre as portas: 'Todo pola patria", escribía no seu caderno de viaxe á España do fascismo, "resulta tan forzado que un non deixa de se preguntar 'a patria de quen?".

Fisterra, Corcubión, Ribadavia ou Sobrado do Bispo foron algúns dos lugares nos que parou Lomax na súa colleita. A Alborada de Vigo, en interpretación do gaiteiro José María Rodríguez, recolleuna Lomax e púxoa no disco The spanish recordings: Galicia, en 1953. E aínda que en certos foros jazzísticos atribúen ao folclore peruano o esqueleto de The pan piper, a estirpe galaica ficou constatada na antoloxía The Alan Lomax popular songbook. A única melodía ibérica escolmada, en base á súa utilización por Miles Davis, era a Alborada de Vigo.


Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Si te ha interesado esta información, te recomendamos:

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
02:13 Mujica quita hierro al conflicto con Argentina
01:08 La lluvia en Brighton
01:03 ERLICH
00:52 RAMÓN
00:23 Del Potro, a la final
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)