_
_
_
_
_
Luces

"A cultura non pode ser un sector subsidiario das políticas públicas"

A crise é o pano de fondo de calquera avaliación sobre o estado actual das políticas culturais públicas. Malia a que case todos os axentes consultados admiten un trato fluído e directo coa consellería e o seu titular, Roberto Varela, tamén coinciden na parálise económica e na errancia da acción de Cultura.

- O libro e a lectura. Coa palabra "retrocesos" resume Manuel Bragado a actuación de Cultura no ámbito do libro. "Minguaron as axudas e as adquisicións das bibliotecas, e houbo unha gran perda de tempo ao comezo do novo equipo", esténdese o presidente da Asociación Galega de Editores. Mais, engade, "o gran problema é que nin a lingua nin a cultura galega son prioridade para o Goberno de Feijóo". Por máis que a finais de 2006 o PP votase no Parlamento a prol dun Plan do Libro que situaba a industria editorial como "sector estratéxico". E aínda que Bragado, tamén responsábel de Xerais, recoñece "fitos illados" -a inauguración da Biblioteca de Galicia, a creación da Dirección Xeral do Libro "sen fondos" ou o Ano da Lectura "finalmente perdido"-, bota en falta "unha política da lectura, que debera ser o obxectivo da consellaría, ou que non exista un modelo de promoción de literatura no exterior". "Vivimos tempos difíciles, pero a cultura non pode ser un sector subsidiario das políticas públicas", titula finalmente.

Pereira: "O PP non recoñece nin moral nin xuridicamente as vítimas de Franco"
Para Jorge Coira, "en crise son precisas políticas claras; non é o caso"
Más información
O final do espectáculo

Da banda dos autores, Cesáreo Sánchez Iglesias, que encabeza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), é contundente: "[Este Goberno] está, obxectivamente, desmontando o construído nos últimos 30 anos e está levando a cultura a nivel da preautonomía". O tamén poeta agradece que o departamento de Roberto Varela considere a AELG "sen prexuízos como interlocutores", pero non "o peso ínfimo da cultura nos Orzamentos". "Non comprenden que a cultura é a maneira en que Galicia se identifica no mundo", conclúe Sánchez Iglesias, "e que con deixala respirar un pouco, esta florece por si mesma".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

- Industria musical. Francisco Vieitez dirixe a discográfica Nordesía, unha das casa do boom folk de finais dos noventa e activa promotora de concertos. "A política de Cultura no sector non presenta grandes cambios, hai unha certa continuidade dende a etapa de Pérez Varela", afirma, e sintentízao nun "dominio case absoluto da Administración sobre a actividade cultural". Acaso a diferenza sexa, engade, que a actual dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) "direcciona a súa acción cara ás empresas e non tanto aos artistas, como sucedía antes; a ese nivel, funciona mellor". Pero nunha paisaxe onde o orzamento da Agadic reduciuse un 40% e no que Vieitez agradece, con todo, "a vontade clara da axencia de rematar co 'todo gratis' e que Cultura aceptase que o Xacobeo só estea activo no Ano Santo".

"Entendemos que hai problemas económicos", argumenta, pola súa banda, Cándido Meixide, presidente da Asociación Galega de Discográficas e responsábel do selo Do Cumio, "pero, esteamos dacordo ou non cos métodos, deben facer algo por solucionalos". Meixide cualifica de incerto o futuro das empresas dedicadas á fabricación e distribución de discos -as mudanzas no soporte tampouco axudan-, aínda que admite que a consellaría, a través da Agadic, "mantén os subsidios, malia a que con menor contía, e a asistencia ás feiras profesionais". Iso si, Meixide aféalle á institución cambios "dun día para outro, con consignas que chegan a Cultura dende a Presidencia". E unha conclusión: "Estamos aprendendo a non apoiarnos de todo na Administración".

- Memoria histórica. Na avaliación das políticas de recuperación das vítimas da represión franquista non existen matices posíbeis. A Xunta nega calquera apoio a familiares e asociacións e cortou todas as axudas. "O que non se lles pode negar é coherencia", admite o historiador Dionisio Pereira, "o PSOE, en troques, non é coherente". Pereira, cuxo último libro se titula Loita de clases e represión franquista no mar, lembra, con todo, que é o PP quen "non recoñece nin xurídica nin moralmente as vítimas". Só unha nota positiva: a fundación que rexe a Illa San Simón non pon trabas á hora de ceder o espazo para reivindicacións dos familiares dos desaparecidos, asasinados e represaliados polos nacionales.

Cultura desbotou o proxecto do bipartito de crear un Centro da Memoria, deixou o proxecto interuniversitario Os nomes, as voces sen financiamento e retirou as fotografías que, en San Simón, recordaban os homes presos cando o lugar foi campo de concentración. "A dereita deste país non deixa de ser unha herdeira do franquismo", afirma sen dubidar Gonzalo Amoedo, autor d'A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, quen tamén detecta herdanzas "ideolóxicas e familiares" da ditadura no PSdeG: "Mire a actitude de Abel Caballero coa Cruz do Castro". "Neste tema hai moita senvergoñería", finaliza.

- Teatro. Os axentes consultados coinciden: o futuro para as empresas da arte dramática pinta negro. No ano en que unha das máis emblemáticas salas do país e unha das poucas que programaban montaxes alternativas, a Nasa, botou o peche, o presidente de Escena Galega debuxa contornos difusos para o futuro. "O problema é, antes de máis, a falta de cartos", indica Salvador del Río, "ou polo menos a falta de cartos dedicados ao teatro". Amais da diminución das axudas ás compañías ou ás plataformas de distribución, os traballadores do escenario atópanse este curso con que non haberá Feira de Teatro. O encontro anual que serve como estado da cuestión e supermercado anual para programadores e salas non se convocará en 2012. "A isto súmase o problema dos concellos e a súa falta de orzamento, o que completa un momento dramático", considera Del Río.

O seu antecesor á fronte de Escena Galega, que agrupa as compañías teatrais, o popular actor Ernesto Chao, tamén sinala "a creba técnica" dos municipios e que a Xunta destine cada vez menos cartos ás taboas como o pano de fondo para o sector. "Como empresario [a el pertence a compañía Lagarta, Lagarta, que estrea obra en oito días], vexo que a supervivencia das compañías vai resultar difícil o ano que vén". A escusa da crise non abonda: "Para outras cousas si que hai cartos", di Chao, a quen lle gustaría "que o propio presidente da Xunta se decatase de que o teatro dá traballo. Somos moitos profesionais e non un grupo de rapaces que se xuntan".

- Audiovisual. "Somos un país cunha identidade aínda poñéndose en pé. O máis grave deste Goberno é a apatía, a sensación de que a cultura non lle importa a ninguén". Para o actor Antonio Durán, Morris, "se este traballo de anos se rompe, tardaremos en recuperalo". Os asalariados de cinema e televisión solicitaron unha xuntanza con Núñez Feijóo e, di Morris, quen está á fronte da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, non recibiron resposta. "Entendo a crise económica pero, persoalmente, o atraso destes dous anos é moi grande".

O cineasta Jorge Coira trae ao debate outra cuestión: "Cando comezaba a agromar unha xeración con talento, cortouse todo". Nun ámbito en que traballan 3.000 persoas resulta pouco operativo, apunta o director de 18 comidas, "que cada vez que hai un cambio de goberno haxa que empezar de cero". Non esquece o tempo económico, pero xustamente en época de crise "son precisas políticas claras e, dende logo, non é o caso". Outro cineasta, pero situado fóra da industria, concorda en parte. "Esta consellaría caracterízase máis polo que destruíu do feito pola anterior que polo que fai", expón Alberte Pagán. O peche da Axencia Audiovisual ou do portal Flocos TV -unha nutrida filmoteca on line- son os exemplos. "E o que queda, como as axudas do Agadic, parece que é máis por inercia que por vontade", conclúe.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_