_
_
_
_
_
A VER | Luces

Este fracaso da literatura galega

Este ano pasado foi de inflexión de cousas importantes, tamén para a literatura galega.

Cérrase unha época da historia de España, a crise do Estatuto de Catalunya sinala a fin dun consenso histórico: o acordo que sustenta esta democracia, o recoñecemento constitucional dos cidadáns e das comunidades políticas nacionais; o acordo plasmouse na constitución das autonomías. Convénnos espertar: isto acabou, a autonomía era unha oportunidade. E perdémola. Desde a Idade Media non houbo outro momento da literatura escrita na Galiza como o ciclo destes 30 anos da autonomía. Estas tres décadas foron un éxito artísticamente, debemos sentirnos orgullosos como escritores e como lectores. Tampouco non ten por que ser un periodo xa rematado, seguiranse a escribir en galego libros máis diversos e mellores que nunca, mais o balance destes 30 anos considerada a literatura social e nacionalmente é un fracaso.

Desde o comezo, coa preautonomía e a autonomía, debuxábase para quen quixera velo un novo panorama: abríase futuro para unha literatura que até entonces sobrevivira resistindo. Había que pasar da resistencia á existencia normalizada socialmente, esa era a tarefa para as novas xeracións. A literatura galega debía pasar das mans dos galeguistas, que a criaran, a desembarcar no país. Debera tamén ser exportada e dada a coñecer como calquera outra, os nosos libros contrastados cos demais. A nosa literatura debía reconfigurarse e transformarse en relación coa sociedade e conseguir ser asumida e querida polo conxunto da sociedade.

Trinta decisivos anos despois, a literatura galega segue a ser un hóspede no seu propio país, hoxe semella ser un hóspede indesexado. Aumentaron os lectores en galego significativamente, porén Galiza, como país que se expresa a través dos gobernos elixidos, decidiu non apoiar á súa literatura. Mentres, España continuou estes anos negándolle o espazo ás linguas e literaturas que non fosen a castelá. O actual Goberno da Xunta atrévese a dicir en voz alta que a existencia da nosa lingua e literatura son un problema e unha imposición. Nunca nos viramos tan desautorizados e custionada a nosa existencia desta maneira. Trátase dunha mutación política, certo, mais sería imposíbel sen o fracaso anterior da nosa autonomía. Nin sequera a Xunta bipartita procurou resituar á literatura galega no centro da sociedade.

Hai sensación de frustración e unha amargura, que non conciencia clara, que pode levar a escritores a buscar a explicarse as súas dificultades pola competencia dos coetáneos. Non hai tal, o fracaso é colectivo, a explicación do noso fracaso está no fracaso da autonomía galega. Fomos incapaces de aproveitar unha oportunidade histórica e seremos incapaces sequera de recoñecelo.

susodetoro.blogaliza.org

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_