_
_
_
_
_
OS GROUCHOS
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A inequívoca boca da liberdade galega

Manuel Rivas

En Celanova houbo un home que estivo no seu sitio. Un home tranquilo. Un home que chegou do Oeste. Unha cousa é ocupar o lugar que sinala o protocolo e outra estar no teu sitio. Hai xente en Galicia moi guiadiña, que ocupa mansamente o lugar que lle asignan, mais que nunca está no seu lugar. Gobernantes que desgobernan, mandatarios que desmandan, funcionarios que non funcionan, informadores que desinforman, conservadores que non conservan, defensores do pobo que defenden aos que mandan, oradores que falan caladiños... O gran suceso histórico do domingo día 6 de setembro do 2009, no convento de Celanova, foi que o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, falou como presidente da Real Academia Galega.

O discurso de Barreiro en Celanova ten o estilo e o contido dunha declaración historia

En cada curso político hai centos de discursos, miles de intervencións prefabricadas por un negro, reflexións maxistrais que o persoeiro sobranceiro presenta como propias mais que foron escritas polo que chaman ghost ou escritor fantasma. Barreiro, en Celanova, non tiña ningún papel diante cando, ademais de falar, decidiu tomar de verdade a palabra. E a convulsión, a sorpresa, o abraio, produciuse porque toda a xente, a feliz ou a incomodada, recoñeceu que a que falaba era a inequívoca voz da liberdade. Hai quen ve a historia de Galicia como unha sucesión de fracasos, de oportunidades perdidas. Algo hai de tangaraño. Mais tamén podemos ver o andar doutro xeito, como fixo en memorábel discurso Antón Vilar Ponte, pouco antes de falecer: o amor pola liberdade como verdadeiro cerne da identidade galega. Mesmo no intre da malleira, a liberdade sempre atopa unha boca valente. Como a atopou hai séculos na pequena localidade de Arbroath, en Escocia, cando en 1320 un grupo de escoceses asinaron un dos textos fundacionais que alumearía os procesos democráticos no orbe enteiro. Hai unha frase na declaración de Arbroath que serve de graffiti universal: "It is in truth not for glory, nor riches, nor honours that we are fighting, but for freedom".

E o que dixo Barreiro ten madeira dese anaco de Arbroath. "En verdade non é por gloria, por riquezas nin por honores polo que nós loitamos, senón pola liberdade". Nada que ver cun discurso partidista. Nada de arroutada improcedente. Nada de tópicos típicos. Nada de retórica presuntamente autóctona, con raposo polo medio. Nin unha vela a Deus e outra ao Demo. Nin metade de escaleira. O discurso de Barreiro ten o estilo e o contido da declaración histórica, da intervención inesquecíbel. Tiña a feitura de Azaña ou Otero. Á fin, a mellor forma da verdade é a elegancia. Unha discurso da Escola de Menciñeiros, despois dunha longa tempada en que a lingua galega vén sufrindo as inclemencias dunha persistente Escola de Mentireiros.

A primeira misión e obriga da Real Academia Galega é promover, defender e protexer a lingua galega, o idioma nacido en Galicia. Ese recurso excepcional, unha riqueza material e cultural, que só agroma de xeito extraordinario, e que non só pertence aos galegos senón que é un ben da Humanidade. Mais esa é tamén a obriga e a misión do Goberno galego. A Academia Galega soportou con moita paciencia a deslealdade dun Goberno que aproveita a autonomía e o réxime democrático para minguar o espazo dos dereitos lingüísticos e levala camiño da extinción. Esa é a realidade, nun escenario político e mediático esperpéntico, de ferocísima ignorancia, onde se segue a falar de "imposición" e a vítima é alcumada de verdugo.

Disque o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, non se deu por aludido e que a interpelación de Barreiro, cara a cara, non terá resposta. Non mo creo. Estará a dixerir o inesperado. O que pasou en Celanova tivo o carácter de xusticeira xura. Non podemos crer que quen preside o Goberno de Galicia pretenda ou permita, por acción ou inacción, a guerra lingüística, o esgazar da poboación, os guetos escolares, e en definitiva o afogo do noso maior ben cultural. Por iso a intervención do presidente da Academia ten un sentido metafórico de xura ante o pobo. En Santa Gadea de Burgos, Rodrigo Díaz de Vivar pregunta a Alfonso VI o que cómpre preguntarlle: "Si tú fuiste o consentiste / en la muerte de tu hermano". En Celanova, e enténdase como xogo histórico, tamén había unha pregunta que facer, retórica máis necesaria: "Se ti es partícipe / ou consentes na desaparición do galego".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

"[...] Unha negra visión, de entre as ruinas, 'Que tempos!', me dice; i eu digo: 'Que tempos!". Así remata A igrexa fría, un dos poemas polos que Manuel Curros Enríquez foi perseguido polos reaccionarios de antano, polo visto máis poéticos dos que hogano gobernan Galicia. O polonés Stanislaw Lem, outro irónico librepensador, chegou á conclusión de que cada século tiña a súa Idade Media. Así que o domingo, día 6 de setembro do 2009, na Idade Media do século XXI, o convento de Celanova, ese espazo tan coñecido por Curros, alí onde a historia acadou unha condensación dramática equivalente ao que os restauradores chaman "punto de xeada", alí, si, era un moi axeitado lugar para meditar, talvez "mirando ao chau", o sentido do retrouso: "Que tempos!".

A historia, como os ríos, ten o seu rumor. Podes oílo ou non, mais ter teno. Mesmo o rumor pode ir tomando o xeito dun clamor, dunha fervenza, e o gobernante e o seu círculo cortesán non oír nada que non sexa o frufrú de vaidades que acompaña o protocolo. A historia gusta das ironías, e por iso repítese tantas veces como comedia. O lóxico é que a locución preferida da historia sexa precisamente a que usa Curros no histórico poema: "Que tempos!".

Coido que iso foi o que pasou no convento de Celanova na data sinalada para a entrega á RAG do premio Casa dos Poetas, co que se honra a memoria e o exemplo de Curros, non sen razón chamado o poeta civil de Galicia. Xosé Ramón Barreiro é catedrático de Historia e foi decano da facultade en Santiago. Mais eu véxoo como un compoñedor da memoria. Cando les os seus libros, sobre todo esas exploracións no apaixonado XIX, oes o rumor da historia, un laborioso abrirse paso no convulso e contraditorio taboleiro, alí onde se moven carlistas, liberais, os republicanos federais... A historia como un cadafalso cruel, mais tamén como un crepitar de faíscas de esperanza. En Celanova houbo quen non oíu nada, agás a propia voz e o acostumado ritual dun rendez-vous. Mais Barreiro oíu o "Que tempos!". E decidiu pórse a explicalos, os tempos.

Abonda na información xornalística máis resesa, alí onde o touciño xúntase coa manteiga, a referencia aos "intres históricos". Cada día ten o seu intre histórico ou, como diría Cantinflas, cada momento é momentáneo. Mais resulta que cando aparece ese intre histórico, como ocorreu en Celanova, ese xornalismo reseso nos furta o episodio. En que recanto sinistro da Televisión de Galicia terán a nosa declaración de Arbroath? En que frigorífico estará a boca da liberdade? Que tempos!

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_