_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Seis maneiras de atopar unha política cultural

"A liña será 'perezvarelismo' e folclorización", agoira Arturo Casas

"O principal reto do PP será definir un programa cultural que, como tal, non existe", sintetiza Damián Villalaín, ex asesor de Touriño en materia cultural e profesor da Escola de Arte Dramática de Vigo desde o ano pasado. Cos fontaneiros do PP á procura —ata agora en balde— de perfís amables para o departamento de Ánxela Bugallo, especialistas e creadores sitúan no debate algúns dos temas que deberá enfrontar o Goberno entrante.

»A Agadic e o audiovisual. A lei está aprobada, pero o decreto que ía configurar a estrutura da Axencia Galega das Industrias Culturais, que substituíu ao Igaem, non chegou a se desenvolver. "Dependerá do que fagan co audiovisual", resumen fontes do bipartito. Co audiovisual fóra de Agadic —desapareza ou non a axencia—, estaríase volvendo ao vello modelo do Igaem e, quizais, á Dirección Xeral de Audiovisual da época de Pérez Varela. A nova orientación das axudas en Europa, no cerne do traballo da Axencia Audiovisual, podería implementar as promesas do PP en materia de lingua: o idioma propio suma puntos á hora de orientar as axudas. En xeral, as industrias culturais —e o audiovisual como sector que as debe capitalizar nun contexto de crise— non ocupan máis de vinte liñas no programa do PP.

»Internacionalización, premios, símbolos. A segunda edición dos Premios Nacionais da Cultura Galega, que debeu saír publicada no DOG o 4 de marzo, depende agora da vontade nacional do PPdeG. Igual cá creación do Instituto Rosalía de Castro, promesa bipartita de 2005. Á Feira de Boloña, a finais de mes, xa non irán cargos políticos. Como feiras, só se menciona a de La Habana, participación —din— que "non se debe repetir". Arturo Casas, profesor de Teoría Literaria na Universidade de Santiago —e mantedor do blog Lándoa—, bota man do programa do PP para explicar unha estratexia cultural que pasa, segundo di, "pola rexionalización, a subsidiariedade e a dependencia". "Derivan a proxección exterior a unha colaboración subordinada ao Instituto Cervantes e, de modo delirante, á colaboración con entidades homólogas coma o British Institute ou o Goethe". O antropólogo Marcos Lorenzo avisa do risco de volver ao "eventismo". Algo que se fixo tanxible na entrevista de Núñez Feijóo coa comisión executiva do Consello da Cultura, onde —sen pronunciar nunca o termo identidade— o futuro presidente remarcou a importancia dos actos culturais do Xacobeo 2010. "Esa será a súa liña de traballo", di Casas. "Recibir xente e xestionar a súa diversión. Perezvarelismo, folclorización, pouco máis".

»O libro. Manuel Bragado destaca o cambio da modalidade de gratuidade do libro de texto polo sistema do cheque libro, ou a declaración de 2010 como Ano da Lectura, como aspectos "positivos" do programa. Entre as ausencias, a "indefinición" sobre a Lei de Bibliotecas —hai un borrador— e o silencio sobre o Instituto Rosalía, previsto na Lei do Libro (apoiada polo PPdeG). A cuestión cardinal paira sobre boa parte do tecido cultural: "Todo vai quedar tinguido pola actitude do PP a respecto da lingua, porque ese é o aire que respiramos". O presidente dos editores, Alfonso García Sanmartín, ten a "esperanza" de que o "galeguismo" co que se autodefine o PPdeG amoleza "as cousas que se dixeron durante a campaña".

»A memoria histórica. Está pendente de renovar o convenio plurianual —230.000 euros— do proxecto interuniversitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, que hai seis meses presentou o primeiro balanzo da represión en Galicia durante a guerra. Falta o franquismo. Lourenzo Fernández Prieto, na dirección do proxecto auspiciado por Cultura en 2006, di ter "confianza", malia á coñecida oposición do PP á Lei da Memoria. A única referencia ao tema, por parte do PP, cínguese á Illa de San Simón: "Descoñécese o seu uso máis alá do puramente político".

»O patrimonio arqueolóxico. Programa mediante, a idea é recuperar o sentido dos célebres parques temáticos da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, deseñados en 2001 para potenciar a oferta turística. Patrimonio contaba inaugurar este ano, tras reformalos, os de Campo Lameiro e San Cibrao de Lás. O PP promete "impulsalos", coordinándoos a través da Cidade da Cultura, que, "deste xeito, será máis de Galicia que nunca, porque manterá conectados os catro parques das catro provincias". Tamén se menciona a necesidade de reformar a Lei de Patrimonio, aprobada en 1995 de costas á comunidade arqueolóxica.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

»Teatro e danza. "Caerán cargos, pero as conquistas son sólidas", di o dramaturgo Raúl Dans, en alusión ao consenso acadado por Cultura na elaboración do Plan Galego de Artes Escénicas. Outra cousa é o que suceda coas unidades de produción de Agadic, sobre todo o Centro Coreográfico, unha das alfaias da xestión saínte. Non hai ningunha referencia á escena no programa do PP, onde si se lamenta a "paralización de proxectos coma o Ballet Galego Rei de Viana".

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_