Miércoles, 10/2/2010

ELPAÍS.COM Galicia

 

REPORTAJE: Luces

A memoria do traballo

Os restos de salgas e curtidorías conforman un patrimonio histórico único en España

ÓSCAR IGLESIAS 06/03/2009

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 votos
Imprimir   Enviar

O patrimonio industrial está formado polos restos da cultura industrial con valor histórico, tecnolóxico, social, arquitectónico ou científico. Un valor por descubrir e unha fonte para a investigación sobre a clase obreira, por exemplo, segundo as claves de arqueoloxía industrial que propón The International Commitiee for The Conservation of The Industrial Heritage, actualmente presidido polo asturiano Miguel Ángel Álvarez Areces.

La noticia en otros webs

"Hai unha etnografía potente, pero poucos estudos deste tipo", remarca Carmona

O "exemplo" á hora de xunguir turismo e rehabilitación segue sendo Allariz

A finais do mes pasado, o TICCIH organizou en Ferrol o V Congreso sobre Conservación do Patrimonio Industrial. No seu comité científico está Xoán Carmona, o maior especialista galego en historia industrial. Antes de falar do papel económico da posta en valor -desde o Museo Alemán do Carbón, en Essen, con 500.000 visitas anuais, ao Ironbridge Gorge Museum, no val do río Severn-, o profesor da Universidade de Santiago tracexa comparativas estatais. De entrada, nunca se lle prestou en Galicia atención ao patrimonio industrial, fixado o tópico rural e mariñeiro. "Hai unha etnografía moi potente", concede Carmona, "e por iso quedou menos espazo para estudos deste tipo". A escasa apariencia industrial deste patrimonio axudaba. "A industria nunca tivo na economía galega un peso semellante á que tivo na catalá, na vasca ou na asturiana", resume, "pero a nosa especialización industrial en actividades como a salga de peixe, o curtido ou a madeira deixou pegada no territorio".

"Non fomos un ermo manufactureiro", insiste. O patrimonio existente, 500 ou 600 localizacións sen sistematizar, é resultado das industrias que sobreviviron a medio prazo á competencia do mercado e das iniciativas, máis ou menos efémeras, que acabaron arraizando na paisaxe. A especulación nas cidades e a introdución de modelos urbanos no rural están a estragalo. "Aínda estamos chorando por Casa Mar, en Vigo, cando o edificio de efectos navais de Reikyavik é o emblema da cidade", di Carmona. Hai actuacións "moi malas", como a da azucareira de Caldas ou as acometidas durante os 90 nas ferreirías de Lugo, onde -agás na de Bogo- se imitaron as ferreirías asturianas, de fol, cando as galegas son de trompa de auga. O "exemplo único" que pon Carmona á hora de xunguir con éxito turismo e rehabilitación son as tenerías de Allariz, artelladas "curiosamente" como parque etnográfico. "Os do Museo da Pel de Igualada recoñecen que a tenería de San Isidro é o mellor museo do curtido de Europa, aínda que aquí non o fagan". O congreso de Ferrol urxe a retomar a compilación do patrimonio galego.

O compromiso da actual Dirección Xeral de Patrimonio pasaba por corrixir o actual batoallo de iniciativas esparexidas, desde un inventario comezado no tripartito de Laxe ao perdido inventario de patrimonio marítimo de Turismo na época de Fraga, restrinxido a elementos do litoral aproveitables turisticamente, ou á recente compilación de infraestruturas hidráulico-industriais de Medio Ambiente. O historiador Dionisio Pereira, vencellado á Federación pola Cultura Marítima e Fluvial -ata os 60, a maior parte da industria galega estaba ligada ao mar-, contabiliza 150 embarcacións orixinais de interese, desde dornas a arrastreiros dos anos 40, coma o Bernardo Alfageme vigués. "Pedimos que se manteña a promesa de inventariar o patrimonio flotante", di. En linguaxe mariñeira: "Que o feito non se tire pola borda".

A baza é a singularidade. "O fracaso na transición cara á industria fabril nos dous sectores clásicos da Revolución Industrial, téxtil -a manufactura preindustrial galega era o liño- e siderurxia -Sargadelos, intervido por primeira vez nesta lexislatura, o primeiro produtor de ferro coado da Península-, reduciu a industria galega a dúas pólas tradicionais no que atinxe á tecnoloxía, pero nas que Galicia foi líder durante o XIX". Carmona fala do curtido e da salga de sardiña, base da modesta revolución industrial galega. Chegou a haber máis de 300 fábricas de salga, e só en Compostela 27 fábricas de coiro, a maioría de propiedade vasca.

Cómo facelo, de levarse adiante o inventario público, obriga a pensar en figuras de protección específicas. O Plan de Patrimonio Industrial español riscou en 2000 o que deberían ser "espazos protexidos": Massó, en Cangas, a central hidroeléctrica do Tambre, os viaductos de Redondela e o Arsenal de Ferrol. "Pero non se poden facer restaurantes e turismo rural en todos os sitios", avisa Carmona. A ruta pendente do volframio -Fontao, Lousame e Casaio- clama por un itinerario cultural europeo. No caso de Fontao (Vila de Cruces), coa mina abandonada, e as vivendas rehabilitadas da colonia en mans de Vivenda e Solo, Encarna Otero, directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, demanda conservar o actual proxecto de recuperación "para manter a mina visitable".

"A singularidade da industria é que, rematado o proceso produtivo, non lle interesa a ninguén, anque os espazos estean ao pé da casa", láiase o enxeñeiro industrial Manuel Lara, responsable de Buxa, asociación para a defensa e coñecemento do patrimonio industrial galego. "Debemos clarexar o que vai entre o conservacionismo esaxerado e o patrimonio compatible con usos novos. Non é o mesmo a central eléctrica do Pindo cós muíños fariñeiros". O inventario, en calquera caso, haberá que facelo antes.


Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 votos

¿Qué es esto?Compartir:

Facebook  delicious  technorati  yahoo meneame myspace

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Si te ha interesado esta información, te recomendamos:

Otras ediciones

Última hora

 
Últimas Noticias
Hora Noticia
06:50 El 'Endeavour' se acopla a la Estación Espacial Internacional
05:47 El Senado del estado de Nueva York expulsa a un legislador tras agredir a su pareja
05:05 Peugeot lanza en México el primer automóvil con Internet
04:51 Honda llama a revisión a 440.000 vehículos
03:23 RAMÓN
 
 
 
 
 
asociados otros medios

© EDICIONES EL PAÍS, S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid (España)