_
_
_
_
_
LUCES

A prol dun canon propio Rinoceronte traduce do galego ao español

Segundo o responsábel de Rinoceronte Editora, Moisés Barcia, existe algo de "mentalidade colonizadora" cando "o madrileñismo escolle o canon das literaturas periféricas". "En Madrid, e todos sabemos de quen falamos, elixen un escritor galego, outro catalán e outro vasco e paséanos coma nun zoolóxico", explica, "e non falo da calidade deses autores, da que non dubido, senón de que debemos ser nós os que decidimos eses canon". Para acompañar o pensamento con acción contribuír á descentralización das literaturas ibéricas, Rinoceronte Editora creou a colección Inversa, na que obras de autores galegos aparecerán en linguas como o castelán, o catalán e o inglés.

Inversa comeza a súa andaina con dous títulos de poesía trasladados ao castelán por Penélope Pedreira e o propio Moisés Barcia: Larga noche de piedra, de Celso Emilio Ferreiro, e Gramática del silencio, de Eusebio Lorenzo Baleirón. Barcia argúe: "Cadrou que os dous primeiros títulos sexan de autores mortos e poetas, pero a colección vaise centrar en narrativa e en autores recentes".

A oposición entre o título emblemático do social realismo, Longa noite de pedra, e a poética adscrita á tópica académica da xeración dos anos oitenta, Gramática do silencio, é comentada polo responsábel da edición: "Percibimos que a tradución ao castelán de Longa... [un dos libros de poemas en galego máis vendidos fóra de Galicia] estaba esgotada, e presentarse da man dun autor tan recoñecido como Celso Emilio Ferreiro é positivo. No caso do libro de Baleirón, exactamente o contrario, un autor descoñecido que Penélope e eu amabamos e que estaba moi deficientemente vertido ao castelán".

Moisés Barcia arreponse contra as actitudes "choromiqueiras" á hora de espallar no exterior a cultura galega. "Temos máis posibilidades das que pensamos. En Islandia, un país que ten menos habitantes que a cidade de Vigo", continúa, "son eles os que traducen os seus libros, sobre todo ao inglés, que logo pode servir de lingua ponte".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_