Retrato de Lois como artista adolescente
Ou como cachorro, se a referencia fose Dylan Thomas e non Joyce. Eses debates -e outros que non veñen a conto- foron os que tiñamos Lois e eu neses anos nos que a xente tenta descubrir como é o mundo, como debería ser e que vas ser nel. Unha travesía intelectual que eu comecei antes, por cousa da idade, e na que el tomou a dianteira, porque tiña ese radar oculto para detectar a modernidade e a excelencia que lle atribuíu Manuel Rivas. Todo ás apalpadas, porque a Galicia de comezos dos 70, Monforte en concreto, non era aquel burato negro da cultura que era España toda dez anos antes, pero case. "Que importa que saiba de memoria todos os planos de Metrópolis de Fritz Lang, se nunca puiden ver a película?" queixábase nunha das cartas que dirixía a Fotogramas ou FilmGuía, algunha das revistas ás que estaba subscrito.
Afortunadamente, estaba a música. Os discos da Velvet, de Bowie, King Crimson ou de Crosby, Stills, Nash & Young que se lle encargaban aos que ían facer que estudaban inglés por aí adiante e que pinchaba Carruxo na Xolda para os adeptos e se compartían naquel novo invento, a cinta casete. Mentres, no mundo exterior, reinaban Karina e Los Diablos. E, afortunadamente, estaban os libros. O que había nas librerías de Monforte (Xistral ou Mapa) e os que caían nas de Lugo (había un pacto familiar: cada visita médica, un libro). Eu fun literariamente anglófilo e el entregouse á estética centroeuropea á que sempre sería fiel. Paul Celan, Jean Lorraine, Elouard, Breton, Alfred Jarry, Handke, Bernhard. Unha norma case explícita, un tanto arroutada: nada escrito en castelán pagaba a pena (quitado Lezama e pouco máis). Tamén lle eran alleos os ámbitos literarios, os seus usos, códigos e directrices. Vir viña -viñamos, como moitos daquela- de labradores que deron estudado aos fillos, os nosos pais, e medrou no Monforte agredido pola reconversión ferroviaria. Nas viaxes iniciáticas por Europa atopaba reencarnados na Bretaña os labregos do Incio, e nas estacións de tren de Alemaña o mesmo cheiro agre a creosota das vías monfortinas. Pero, sinceramente, naquela época moitos víano escasamente comprometido, demasiado vangardista. "Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo", reivindicou na Modesta proposición. "Por iso podo decidir militar na miña propia lingua" (lingua que asumimos precisamente nese tempo de buscar quen es e que queres ser). Despois, cando mudaron os tempos e tamén as vontades, moitos criticábanlle fidelidades e militancias por pouco modernas. Entre eles algúns daqueles de antes. Sempre hai practicantes do malabarismo ético ou literario. "Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse", deixoulle dito aos funambulistas.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Al menos dos muertos y nueve heridos en un tiroteo en la universidad de Brown, en Estados Unidos
‘Los domingos’, en cine, y ‘Anatomía de un instante’, en serie, ganan en los premios Forqué 2025
Hamás acusa a Israel de “socavar el alto el fuego” en Gaza al atacar al número dos de su brazo armado
Pedri dirige y Raphinha ejecuta en el Barça de Flick
Lo más visto
- Guardiola elimina la prohibición de que los jefes de servicio de la sanidad pública ejerzan en la privada y sube un 59% la derivación de pruebas
- El jefe de la misión de rescate de María Corina Machado: “Fue una de las operaciones de mayor riesgo en las que he participado”
- Sin duchas ni camas adecuadas, y con obras en marcha: así estrenaron 30 niños extranjeros el centro de acogida de La Cantueña de Ayuso
- Rusia eleva la presión sobre la UE con una demanda para evitar que financie a Ucrania con sus activos congelados
- Los 50 mejores libros de 2025




























































