_
_
_
_
_
LUCES

Alén do comercio

"Fronte aos pesimistas e aos escépticos, acción". Con estas verbas a directora xeral de Comercio, Ana Rúa, presentaba onte no Pazo da Cultura de Pontevedra a primeira edición de Cultur. gal. Un optimismo compartido polas conselleiras de Cultura e Educación, Ánxela Bugallo e Laura Sánchez Piñón, que poñían así o contrapunto ao tono pesimista do pregoeiro, Quico Cadaval. O actor, que lamentou a ausencia do escritor e xornalista Manuel Rivas, invitou a mercar libros e discos en galego e fixo unha reflexión sobre "a doenza" da lingua ante persoeiros do ámbito cultural como os presidentes do Consello da Cultura, Ramón Villares, e da Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sanmartín, o director da Obra Social Caixanova Guillermo Brea, amais do alcalde da cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernández Lores. Cultur. gal arranca co compromiso da Xunta de converterse nun referente cultural máis aló das barreiras fronteirizas.

Amais do despregamento dos medios de comunicación públicos na feira -a Radio Galega retransmite varios programas, mentres que a TVG grava unha edición especial do Xabarín Club-, ou a proxección de máis de 40 filmes galegos, escolmados pola Axencia Audiovisual Galega, a programación de actividades da feira de Pontevedra inclúe unha serie de exposicións de debuxo e fotografía fóra da lóxica mercantil das actividades centrais.

Unha homenaxe ao creador da novela gráfica e renovador da banda deseñada, Will Eisner, a través de 20 paneis, unha selección de portadas de Golfiño, a publicación infantil, e a mostra de orixinais de debuxantes galegos de cómic, organizada pola revista BDbanda acentúan a presenza dos tebeos na feira da industria cultural. A obra fotográfica de Eduardo Blanco Amor, recollida en libro pola editorial Galaxia, déixase ver en público co título A ollada do desexo. Na exposición Palabras contadas, Camilo Franco propón á audiencia un novo xeito de enfrontarse aos textos do seu libro do mesmo nome.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_