_
_
_
_
_
Reportaje:CATRO DÉCADAS DE ARTE | Luces

A bienal que racha fronteiras

Os artistas procedentes dos países do Magreb son os protagonistas da 30ª edición da Bienal de Pontevedra, a máis antiga de España, que abre o vindeiro xoves e que servirá para estrear unha planta do museo da cidade

A inauguración da 30ª edición de Bienal de Arte de Pontevedra, que terá lugar o vindeiro xoves, suporá a ruptura dun novo límite para un evento artístico que naceu no ano 1969 cunhas expectativas moi modestas pero que, co paso do tempo, foi gañando en importancia ata mudar nun acontecemento de magnitude internacional. Ao longo destes 40 anos pasaron pola Bienal todos os artistas galegos importantes e que atoparon nela a oportunidade de exhibir a súa obra a carón de importantes artistas nacionais e internacionais. Nesta edición que está a piques de abrir, a Bienal estrea a planta baixa do novo edificio do Museo de Pontevedra, un espazo que marcará un antes e un despois na historia do certame.

Más información
A controversia Piñeiro
Versión 'web' da Enciclopedia Galega Universal
Aprender para convivir
"A tradición é o máis libre que hai"
Desgustos, colesterol e incomprensións
A mesa cósmica de Piñeiro e o HAL de Kubrick

A institución impulsora da Bienal, a Deputación de Pontevedra, non sospeitaba no momento da súa creación que o evento artístico ía chegar tan lonxe. A intención inicial era a de dar continuidade aos esforzos desta institución para apoiar aos artistas da provincia. Daquela as bolsas da Deputación permitiran ampliar os seus estudos a grandes pintores galegos do século XX coma Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Laxeiro ou Carlos Maside. Nos primeiros tempos a Bienal celebrábase con periodicidade anual e tiña carácter competitivo. Neses anos o evento tivo un carácter local e autonómica moi afastado da importancia que acadaría posteriormente.

O actual director do Museo de Pontevedra, José Carlos Valle, explica que o punto de inflexión para a Bienal chegou nos anos 80, no remate da transición á democracia e tamén nun momento de cambio no panorama da arte galega coa irrupción da xeración de Atlántica. O evento perdeu o seu carácter competitivo, aínda que o recuperaría fugazmente en 1990. Ese ano o artista pontevedrés Manuel Moldes gañou o primeiro premio coa súa obra Home na terra. Dende entón a Bienal transformouse nun evento temático, aínda que ás veces tamén hai apartados dedicados especialmente a un artista, como ocorreu en 1994 cunha monográfica dedicada á obra de Juan Uslé ou dous anos máis tarde, cando se celebrou unha mostra sobre a traxectoria de Leopoldo Nóvoa.

O certame pontevedrés afronta unha nova etapa dende o 2000. Nesa data a Bienal tivo de comisaria a María de Corra, que converteu as salas de exposición nun diálogo entre os artistas da Península Ibérica e de Brasil. Dende ese momento, o evento acentuou o seu carácter internacional. Na seguinte edición a Bienal centrouse na obra de artistas procedentes dos países do Norte de Europa, mentres que en 2004 o motivo central foi o concepto da viaxe e na última edición celebrada ata o de agora (2006) o eixo foron os fenómenos migratorios, para o que se contou coa presenza de artistas dos países do Cono Sur. Por primeira vez a Bienal cruzou o Atlántico xa que gran parte das obras que se viron en Pontevedra viaxaron ata Buenos Aires.

En coherencia coa que ten sido a súa traxectoria ao longo destes 40 anos, agora a Bienal dá un novo salto ao poñer en contacto aos artistas do Magreb cos deste lado da fronteira. É a primeira vez que se celebra un evento deste tipo en España. Sen fronteiras é o título dunha Bienal na que participan trinta artistas e que aposta de novo pola dimensión internacional. É outro exemplo de como pode medrar un certama ata converterse en referencia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

"A alma do artista non se vende"

Rachar a fronteira invisible que separa a España do mundo árabe, malia unha separación de só dez kilómetros de mar é un dos obxectivos que persegue o comisario da Bienal deste ano, o marroquí Abdelkrim Ouazzani, pintor e director do Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán, quen destaca que os artistas convidados a esta mostra afástase do arquetipo dos que viven máis ocupados en vender as súas obras que na creación. "Eliximos a un grupo de artistas novos que traballan dende a sinceridade", explica Ouazzani, quen salienta que na Bienal se poderán ver obras que no son habituais nas galerías de arte, que "non se venden porque a alma non se pode vender".

O director contou con tres asesores (Mohammed Djehiche, Rachida Triki e Xosé Manuel Lens) para realizar a selección dos artistas procedentes de Alxeria, Túnez e España, que xunto aos marroquís forman a nómina de participantes na Bienal. O público vai a ter a oportunidade de coñecer a un grupo de creadores que xa están acostumados a exhibir as súas pezas fóra dos seus países e que soen empregar formatos coma o vídeo e a instalación. Ouazzani explica que os artistas do Magreb despertan moito interese dentro do ámbito profesional internacional malia que aínda son descoñecidos para o gran público. "Por exemplo, en Arco non participan artistas marroquís porque o que nos interesa é o contacto cultural cos demáis, non o comercio", engade.

O comisario apunta que a Bienal vai servir para que os artistas que participen nela se convirtan en "embaixadores" de Pontevedra nos seus países. Hai xestións en marcha para que as pezas que se presentan na Bienal poidan exhibirse tamén nos países de orixe dos creadores participantes. "Hai moito tempo que traballo con artistas españois e sinto que non hai fronteiras entre nós. Os creadores son o osíxeno que necesita o mundo porque a política pode fallar pero o mundo da arte nunca o fai", indica Ouazzani.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_