_
_
_
_
_
Luces

Catro premios en trinta anos

A fortuna da literatura galega nos Premios Nacionais que, dende 1976 (78, na modalidade de Literatura Infantil) e anualmente, outorga o Ministerio de Cultura resulta historicamente desigual. Alfredo Conde en 1986, por Xa vai o griffón no vento, Manuel Rivas en 1996, polos contos de ¿Que me queres amor?, e Suso de Toro en 2003, por Trece badaladas, foron os únicos galegos en recoller o galardón na categoría de Narrativa. Ningún premiado no eido da poesía, aínda que si numerosos finalistas entre eles, catro veces, Miguel Anxo Fernán Vello. E a gran sopresa de Rubén Ruibal na edición do ano pasado, que gañou o Nacional de Literatura Dramática con Limpeza de sangue, o mesmo galardón que levara en 1997 Manuel Lourenzo por Veladas indecentes, dentro dun palmarés galego bardante dos libros infantís e xuvenís.

O célebre Das cousas de Ramón Lamote, do lugués Paco Martín (1940), foi recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1986. Nove anos logo, en 1995, Xabier Puente Docampo (Rábade, 1946) sumábase á representación galega de gañadores cos catro relatos de misterio de Cando petan na porta pola noite. Un ano máis tarde, Fina Casalderrey (Xeve, 1951) repetía para a literatura galega con O misterio dos fillos da Lúa.

Até onte, cando o clásico dos libros infantís e xuvenís en galego Agustín Fernández Paz, autor de obras tan populares como Corredores de sombra, Aire negro, As flores radioactivas ou Cartas de inverno, fixo parella co historiador Justo G. Beramendi -hai unha semana anunciábase que o Premio Nacional de Ensaio ía, por primeira vez, para un libro en galego, De provincia a nación. Historia do galeguismo político- no certame do Ministerio de Cultura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_