_
_
_
_
_
Luces

Entre Heidegger e Marx

O Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego non inclúe, sobre os pensadores vivos, máis que as recensións biobibliográficas. "Non enxuizamos", afirma Andrés Torres Queiruga. Para Antón Baamonde, un dos afectados pola decisión dos coordinadores, "así evitan problemas".

Precisamente ao falar da contemporaneidade, Baamonde refuga tratar dunha identidade galega do pensamento. "Haberá un heideggeriano e haberá un marxista", explica, "a outro nivel, pero como en Francia". Cita a Felipe Marzoa, que vén de xubilarse na Universidade de Barcelona, autor de Lectura filosófica de El Capital, entre os pensadores que crearon escola en Galicia. Arturo Leyte, Basilio Lourenço, Carlos Fernández ou Emilio Araúxo son algúns dos nomes que, no ronsel de Marzoa, leron a Marx coa luz de Hölderlin e viceversa.

"Do punto de vista restritivo, na actualidade existen os pensadores ligados ao nacionalismo político", relata Justo Beramendi. Pero recoñece que fala dos mesmos que xa eran hai trinta anos: "Beiras, Ramón López-Suevos, Camilo Nogueira ou Francisco Rodríguez". "Non estamos moi lucidos nos últimos tempos", continúa, "e o déficit respecto ao nacionalismo anterior á Guerra Civil é moi evidente". Era o tempo da Xeración Nós, mencionada polos consultados, ou de Xohán Vicente Viqueira, morto aos 38 anos e cunha interesante obra. E cúrase en saúde, porque, "de todos os xeitos, é un problema de todo o ámbito ibérico, non hai pensadores de nivel".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_