_
_
_
_
_
Tribuna:Luces
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Da negra sombra ó raio transparente

"Sei que hai fermosas composicións por todas partes en España, ¡pero eu non as podo ver!" díxolle en inglés, en Muros, a Ruth ó pai, esbagoando segundo apunta Alfred no seu Diario, o 1 de novembro de 1924. Era a súa primeira expedición e viña na compaña do seu pai, Alfred, fotógrafo. Viña ela subvencionada polo filántropo A. Huntington, que aquí estivera en 1892, e fundador da Hispanic Society of America en New York onde ela traballaba, para lle cumprir os seus mandados e rexas directrices. O obxectivo: rexistrar o traxe galego e a Galicia enxebre; a que non estaba tinxida aínda co uniforme da modernidade. Programou as expedicións, documentouse e contactou con persoas para que a orientaran nos descubrimentos. Non era a primeira viaxeira que viñera. Antes estiveron outros; algunhas mulleres como Elizabeth Vassall Fox que percorre Galicia en 1808 co seu home, lord Holland, e que escribe un diario que se publicará en 1910.

Más información
Tal como fomos

Con todo o que máis lles sorprende e enxalzan, ás veces, os outros son os monumentos e a vestimenta e case que non reparan na lingua galega nin a literatura que descoñecen pois apenas coñecen o castelán. Emporiso, hai un século, edítase Galicia. The Switzerland of Spain de Annette M. B. Meakin, en Londres, con ilustracións e as traducións dos poemas Unha vez tiven un cravo e Este vaise, aquel vaise. É a primeira tradución de Rosalía ó inglés e mesmo fixo xestións, frustradas, para os traducir todos. Logo virán outras, pero sobre todas reina a Anderson pois nas dúas estadías, na do 1926 coa fotógrafa Francis Spalding, tentou achegarse á cultura e ó galego. Captou a tradición popular, que estaba a investigar o Seminario de Estudos Galegos, e que esmorecía na ditadura de Primo de Rivera. Nos seus cinco mil negativos vese o aquel e a dignidade dun pobo. Por riba, o seu amor á lingua galega zumega nas traducións da cantiga de Paio Gómez Chariño, do poema Padrón, Padrón! de Rosalía e nun anaco doutro de Pondal en Traslations from hispanic poets, 1938. Cando tivo vagar rematou o libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña cunha escolma das súas xurdias fotos, editado en 1939, en New York, non moi lonxe de onde paraba un home -non o sabía- vencido, desterrado e case cego, que lle regalara a ela unha acuarela en 1926 e loitara polos dereitos e a dignidade desa xente que ela retratara, Castelao, que lle vai poñer voz, esta vez no exilio, a todo iso que Ruth fotografara.

Miguel Anxo Seixas Seoane é comisario da exposición

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_